A deputada de En Marea Paula Quinteiro replica a Rajoy: "O PP é un partido imputado por corrupción"

A afiliada de Podemos Galicia sae así ao paso das críticas do presidente de España, que recorreu ao seu caso, tras un incidente coa Policía Local de Santiago, para utilizalo contra Pablo Iglesias nun debate no Congreso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2018 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Paula Quinteiro, a deputada de En Marea e afiliada de Podemos Galicia que se viu envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo, respondeu a través da rede social Facebook ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que o seu é un partido "imputado por corrupción". Fíxoo despois que o dirixente popular usase o seu caso para afear a Pablo Iglesias a situación do partido morado durante a sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados.

Paula Quinteiro, deputada de En Marea
Paula Quinteiro, deputada de En Marea | Fonte: Europa Press

"M. Rajoy utilizou o Congreso para mentir e difamar", acusou a deputada da corrente Anticapitalista, á que o líder de En Marea —partido polo que se presentou ás eleccións autonómicas—, Luís Villares, pídelle a súa dimisión por verse implicada nun incidente coa Policía Local, que facía un control nocturno por mor dunha denuncia de vandalismo feita por un veciño.

Concretamente, Rajoy dixo no Congreso que a deputada "dedicaba o seu tempo de asueto a romper espellos retrovisores de persoas que ousaban a aparcar" na rúa.

No atestado policial instruído aquela noite recóllese que a parlamentaria esgrimiu a súa condición de aforada para "dificultar" a identificación de persoas do seu grupo de amigos, pero ela defendeu que só quixo "intermediar". En todo caso, a instrución da causa non vinculou polo momento a rotura dos espellos retrovisores co grupo de persoas que foi interceptado e no que foron identificadas un total de tres acodes.

"Por moito que se repitan as mentiras non se converten en verdade", indicou Quinteiro na rede social. Ademais, quixo "aclarar" que ela "non participou en ningún acto deste tipo", que ademais "condena totalmente".

CRÍTICA AS "MENTIRAS" DO PP

Na súa publicación engade que "a realidade é que o PP, imputado por corrupción estrutural, converteu a política nun 'lodazal' ao máis puro estilo dunha 'tertulia' televisiva do corazón, a única maneira de desviar a atención da súa corrupción sistemática e estrutural".

"Mente para evitar falar das súas políticas nefastas para o conxunto das clases populares, para tratar de ocultar o momento de enormes retrocesos en liberdades e dereitos que vivimos", engade Paula Quinteiro, quen considera que o PP "mostrou unha vez máis que non ten un mínimo de pudor en mentir a todos".

"E o grave non é que minta sobre min, senón que o fai diariamente sobre os recortes en sanidade, educación, sobre o paro, sobre os salarios, sobre emigración...", engade antes de sentenciar que "cada día que pasa quedan máis retratados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 FARALDO

Paula Quinteiro. DIMISIÓN ¡¡

3 Carmen Lastra

Paula, querida antinonseique, levas catro semanas de retraso en dimitir, polo que es ti quen estás engordando o monstruo. Coa túa actitude favoreces ao Partido Podre, daslle argumento a Raxoi. A esta altura, participaras directa ou indirectamente na esmorga rupturista de espellos, o que ficou claro foi que mostraches credencial de deputada para protexerte e/ou defender amigos. E iso, xunto co boicot á asemblea das Mareas, partido polo que te presentaches e ao cal lle debes render contas, e a túa complicidade cos que en bar anexo cantan "Villares, hijo_de_puta", faite unha impresentable, persoa indigna para representarnos. Polo dito, Paula Quinteiro fóra da política xa! Abonda de excusas, xa aburren os teus penosos argumentos!

2 carglass anticapi

Se ensina o carnet de diputada igual Rajoy dimite e todo

1 Carglass Compostela

Som as nove da noite e Paula Quinteiro sem demitir