Carmen Santos defende a xestión de Podemos fronte a de En Marea con casos como o de Quinteiro

Villares evita pronunciarse sobre a consulta e empraza ás explicacións que ofreza a coordinadora do partido instrumental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2018 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, defendeu que o partido morado xestiona "de forma radicalmente distinta" a En Marea "casos similares" ao de Paula Quinteiro. Cuestionada sobre este asunto nunha comparecencia de prensa celebrada este luns en Santiago, Carmen Santos reiterou que non cambiou a súa "posición" nin a do seu partido, á vez que mostrou o seu cansazo por "profundar en algo que xa está máis que falado".

La secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
La secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos | Fonte: Europa Press

A falta de que se confirme a data oficial para a celebración da consulta non vinculante que prepara a dirección de En Marea, Paula Quinteiro reiterou que non acatará o veredicto das bases porque se trata dun procedemento "ilexítimo". Con todo, a deputada aclarou que non ten problema en someterse á opinión dos inscritos de En Marea a condición de que se realice a través dun proceso de revogación de cargo, un extremo que, polo momento, non contempla a dirección do partido instrumental e que implicaría a convocatoria dun plenario.

Santos expresou que mostraría o seu "máximo respecto" no caso de que En Marea decida seguir ese camiño a través dos "procedementos legais que eles mesmos estipularon". "Nós dixemos sempre que non teñen nada que ver os procedementos lexítimos do partido instrumental con que nós non compartamos a maneira de facer as cousas. Pero cando se deron casos similares en Podemos xestionáronse de forma radicalmente distinta", explicou Santos.

LUÍS VILLARES

Tamén este luns, o portavoz de En Marea, Luís Villares, evitou pronunciarse sobre o caso de Paula Quinteiro e emprazou ás explicacións que ofreza a coordinadora do partido instrumental, o órgano que equivale á executiva dun partido clásico. "A comunicación dese tema farao a partir de agora a coordinadora", esgrimiu Villares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Souto

Tinhan razón os do BNG hai anos. Cando se formou A Marea e estas cousas. Dicían: "Somos os que somos". "Non hai máis". Creo que levaban razón. Eu pensaba que eran porque eran xente pechada e que moitos non ían ao BNG e "satélites" porque en moitos aspectos eran como "unha secta", salvando as distancias...Pero non é así. É que non había máis. Levaban razón os do BNG. E depois había moito odio cara o noso. Pois claro, PODEMOS. Así de sinxelo.

6 vitima do vandalismo

Que dimitan todos a marea e naufraxio da mar ... son coma nenos de patio de colexio, mellor dito coma "jibaros"

5 Faraldo

Vai vender biblias polas portas ¡¡¡

4 clarividente

o *Vieiras quere o dominio do podemos, para facerse o amo, e cobrar e cobrar xa esta esperando o momento o toga suprema emitindo xuizos e execucions e despois entra de xefe o poseidon da marea o Neptuno do oceano

3 Loisin

Dos insultos a Villares na famosa churruscada xa ninguén se lembra?? Porque nesa churrascada foi onde queceron motores para o que pasou logo con Quinteiro