O TRIPARTITO DO 155

Dende outubro vivimos unha mutación constitucional á marxe de todo procedemento legal, en clave de estado de excepción non declarado. Porque o Goberno do Estado e o Senado, seguindo a Carl Schmitt, acordaron medidas de excepción á marxe da legalidade, na pura lóxica do “a por ellos” e do “hay que hacer todo lo que haya que hacer”.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 20/05/2018

Comparte esta noticia
O artigo 155 da Constitución permite só adoptar medidas de control e intervención do autogoberno, como escrebiron xuristas ben alleos ao soberanismo, como Gª de Enterría ou Gil-Robles  Gil-Delgado. Mais non medidas de suspensión da autonomía, como o cesamento do  Goberno catalán e  a disolución do seu Parlament. Porén, as medidas de excepción non ficaron no 27-O senón que continuaron ao se decretar prisión para políticos por mór de inexistentes delictos de rebelión ou sedición e ao vulneraren a competencia dos Tribunais ordinarios cataláns para que fosen a Aud. Nacional (AN) e o T. Supremo (TS) os que axuizaran os procedementos abertos contra os nunca violentos líderes soberanistas.
 
O discurso do Xefe do Estado do 3-O chamou á implícita declaración deste estado de excepción. E dende entón os seus tres piares políticos desputan irracionalmente para ver quén propón a ilegalidade máis grande. Disque para defender a unidade de España. 
 
O PSOE (especialista en lle mercar o relato territorial á dereita españolista) chegou estes días a  extremos impensábeis hai poucos meses, como reformar o Código Penal para castigar como delictos de rebelión decisións ou actuacións políticas non violentas. Seica tamèn a convocatoria de referéndums. Emenda á totalidade ás reformas xurídico-penais de Belloch (1995) e Zapatero (2005). Sinal inequívoco de que os presos están no cárcere pola decisión arbitraria dos maxistrados do TS e  de que a súa inminente perda dos dereitos políticos (só posíbel neste caso antes da sentenza por unha interlocutoria de procesamento definitiva polo delicto de rebelión ) vai contra toda legalidade.
 
Mais no presente campionato europeo de ilegalidades tamén salientan a proposta de Ciudadanos de que continúe o 155 malia que haxa novo Govern ou a provisional decisión do Goberno do Estado do PP de non publicar no DOGC o nomeamento do novo Govern, esquecendo maliciosamente que todas as persoas nomeadas están na plenitude dos seus dereitos políticos e que a publicación é un acto regrado e incondicional.
 
Malos tempos para se dedicar ao Dereito.
 

Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.