Villares di que para En Marea ninguén sobra logo da marcha do alcalde de Teo

O portavoz evita pronunciarse sobre a consulta pero apela á "responsabilidade" de Paula Quinteiro "unha vez escoitadas as bases".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2018 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, volveu a evitar pronunciarse acerca da consulta realizada sobre a continuidade da deputada Paula Quinteiro e, como xa fixo o pasado xoves --día no que coñeceron os resultados do plebiscito--, remitiuse ás explicacións que ofreza a Coordinadora do partido instrumental.

Luís Villares en rolda de prensa
Luís Villares en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Este venres, un día despois de que Quinteiro desatendese, como xa anunciara, o veredicto das bases de En Marea que reclamaron a súa dimisión nunha consulta convocada pola dirección que o sector crítico rexeita; Luís Villares non quixo comentar se a cúpula do partido instrumental estuda emprender outras vías para forzar a marcha da parlamentaria que se viu envolta nun incidente coa policía a mediados de marzo.

"A única medida a adoptar é apelar á responsabilidade unha vez escoitadas as bases", comentou Villares, que até en tres ocasiones remitiuse a que será a coordinadora (que equivale á executiva dun partido clásico) quen se encargue de comentar o relativo ao caso da parlamentaria.

Villares tamén se referiu á marcha de En Marea do rexedor de Teo (A Coruña), Rafa Sisto (Anova-Son de Teo), que denunciou que o "proceso inquisitorial" emprendido pola dirección do partido instrumental contra Quinteiro foi a "pinga que bordou o vaso" dunha deriva na que cre que En Marea se afastou dos "principios" e "obxectivos" cos que naceu hai case dous anos.

Cuestionado sobre este asunto, Luís Villares indicou que na actualidade en Galicia "só hai dúas opcións antagónicas encima da mesa": o "proxecto" de En Marea da "rexeneración política e social" fronte ao "barco pirata do saqueo" que representa o PP. "Pensamos que no noso barco da dignidade non sobra ninguén", comentou Villares.

"O PROCESO ESTÁ PECHADO"

A viceportavoz de En Marea, Ana Seijas, incidiu este venres en que para a dirección do partido instrumental o "proceso" de Paula Quinteiro está "pechado" logo da celebración da consulta que apostou pola súa marcha e que, agora, é a deputada quen "ten que asumir responsabilidades".

"Esperamos que reflexione, que asuma as súas responsabilidades e mostre madurez que é necesaria en política e coa que dixemos que transformariamos a sociedade. Quinteiro debe reflexionar sobre o que lle dixeron as bases, que son as persoas que nos elixiron", remarcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

2 dedas

Se escoitar a opinión da xente non lle gusta a un alcalde e colle a porta pois Villares acertou. Foron os defendidos do alcalde de Teo os que máis se prodigaron a facer dano nos medios, que reflexionen porque por aí equivócanse

1 Gamela

nese barco da indignidade sobran algúns dende hai tempo... sobran os conspiradores na sombra de CERNA, sobran os ambiciosos que van de esquerda comunista pero cobran coma calquera pataconeiro do PP e dín que iso é a "modernidade", sobran xuíces metidos a políticos que non teñen nin idea do que sucede ao seu redor... En Marea sobra "administración" e faltan POLÍTICOS CAPACES !!!

1 exblocan

En conclusión, a próxima candidata debe ser Paula Quinteiro para que lle votes ti só. Moito mal fixeron os gobernos de Fraga e Touriño

2 Gamela

Se prefires a Paco Rodríguez ou a Mario López-Rico coma GOBERNADORES da República Galega, xa sabes... Por certo que viviron bárbaro na época Fraga (pregúntalles!) http://www.galiciaconfidencial.com/...

3 Carmen Lastra

Gamela, deixa de axitar os teus fantasmas personais. Non compartimos os teus medos e fobias. E responde o que che preguntan, ti apoias a Paula Quinteiro?