Unha muller dirixirá o Consello da Cultura Galega

Rosario Álvarez Blanco, catedrática de Filoloxía Galega, substituirá a Ramón Villares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2018 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

Rosario Álvarez Blanco, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida este xoves presidenta do Consello da Cultura Galega polo pleno da institución.

Consello dá Cultura Galega
Consello dá Cultura Galega | Fonte: Europa Press

Segundo informa o Consello da Cultura Galega, o pleno da institución votou favorablemente a candidatura de Rosario Álvarez Blanco, única presentada para a presidencia após a finalización do mandato de Ramón Villares. A nova presidenta do organismo xa ostentaba a vicepresidencia da institución desde 2010 e a súa candidatura foi avalada por 18 membros do pleno.

Rosario Álvarez comparecerá como presidenta electa no Parlamento de Galicia nas datas que fixe esta institución e o seu nomeamento será efectuado no Consello da Xunta de Galicia, e logo será publicado no Diario Oficial de Galicia. Despois da súa incorporación oficial, o pleno do Consello da Cultura Galega elixirá os membros da comisión executiva por proposta da presidenta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Lalo

Este é outro chiringuito gobernado por un lobby "cultural" dos moitos que hay en Galicia. Se desaparecera non se perdería nada.

1 Imaxe

Non se perdería nada de nada. Ao contrario. Pero cada vez máis xente se decata de cales son os verdadeiros intereses dos dous de sempre que aparecen na foto: http://www.elcorreogallego.es/tende...

1 VAC4

Nada nuevo bajo el sol. Todo bajo el control de los mismos. Personaje de paja pactado por los de siempre.

1 Caracterres

Después, y esto se sabe hace tiempo, el que salió de aquí se va al otro sitio, y el que acaba de llegar al otro sitio se viene para aquí. Entonces sacan al personaje de paja de delante y asunto concluido.