Podemos, IU e Equo pasan das mareas galegas e pactan pola súa conta ir xuntos coas súas siglas ás eleccións de 2019

As tres formacións acordan concorrer en coalición ás eleccións municipais, autonómicas e europeas que terán lugar en 2019, e condicionan o futuro das mareas en Galicia. Queda por ver que resposta dará Anova a este pacto que ignora a realidade política galega.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 02/06/2018 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Podemos, Izquierda Unida e Equo selaron nunha declaración conxunta o acordo marco para concorrer en coalición ás eleccións municipais, autonómicas e europeas que terán lugar en 2019. Segundo informaron as tres organizacións en senllos comunicados, o pacto definitivo rubricouse este venres "atendendo as vontades das súas bases" e co obxectivo de construír "un bloque histórico do cambio".

Irene Montero, Xavier Domenech, Alberto Garzón, Antón Gómez-Reino, Ione Belarra
Irene Montero, Xavier Domenech, Alberto Garzón, Antón Gómez-Reino, Ione Belarra

Tal e como adiantou Podemos o pasado domingo tras reunir á súa Executiva, o nome acordado para os comicios municipais e autonómicos é 'Unidas Podemos Izquierda Unida  Equo', mentres que para as europeas decantáronse pola marca 'Unidas Podemos cambiar Europa'.

Os tres partidos adquiren na súa declaración conxunta o compromiso de "construír unha España máis moderna, máis democrática e máis xusta social e ambientalmente" e apostan pola coalición electoral como fórmula xurídica "máis adecuada" para representar a súa unidade "sen renunciar á diversidade".

O documento dos asinantes recolle, iso si, que para que a coalición se presente nun determinado municipio non teñen por que estar presentes os tres partidos. Ademais, sinálase que á norma xeral —que di que nas papeletas electorais se recollerá o nome da coalición, as siglas e os  logos de cada unha das organizacións-— poden darse excepcións nas grandes cidades con "marcas consolidadas" como Agora Madrid ou Barcelona En  Comú, ou en Galicia os casos de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, as tres cidades gobernadas polas mareas. Porén, no resto de municipios galegos, o acordo permite que estas tres formacións impoñan as súas marcas sobre os proxectos comúns construídos polas mareas.

Para concorrer ás eleccións europeas e autonómicas, así como aos cabidos insulares en Canarias, cada organización celebrará o seu propio proceso de primarias para despois confluír "nunha papeleta de unidade co respecto á identidade de cada unha das partes".

A data límite para chegar a un acordo en todos os ámbitos territoriais é entre novembro e decembro de 2018. Xaneiro de 2019 será a data límite para a celebración de primarias nos ámbitos municipais que así o desexen e febreiro de 2019, no caso de que ademais esas primarias municipais sexan conxuntas.

A declaración conclúe co desenvolvemento de cinco obxectivos, a saber: lograr un país "produtivo, sustentable e con emprego"; "democrático e solidario"; "con servizos públicos de calidade"; "en igualdade"; e, por último, conseguir "cambiar Europa".

"Este acordo é a consolidación da nosa aposta pola construción do espazo do cambio, que terá ampla presenza do ecoloxismo político. Queremos apontoar aqueles espazos nos que o cambio comezou, e expandir a nosa presenza noutros. Outro modelo non será posible sen unha aposta ecoloxista  nítida e decidida", asegurou o  coportavoz federal de  Equo  Juantxo López de  Uralde. 

QUE PASA CON GALICIA?

Este acordo, que parece non contar coa singularidade da realidade política galega, e máis concretamente das mareas —onde por exemplo Anova ten un peso específico que foi ignorado por estas formacións estatais—, chega logo de que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, ignorase a Galicia como nación no seu discurso no Congreso durante o debate sobre a moción de censura que desaloxou a Mariano Rajoy da Moncloa e colocou na Presidencia de España ao socialista Pedro Sánchez.

Que Pablo Iglesias reivindicase os dereitos de Cataluña e País Vasco como nacións, e ignorase os de Galicia, creou malestar nalgúns sectores de En Matea, principalmente no nacionalista.

Agora, este acordo entre Podemos, IU e Equo volve colocar nun segundo plano as formacións e correntes netamente galegas, ás que Podemos —a matriz deste conglomerado político— volve ignorar e menosprezar.

Co pacto entre Podemos, IU e Equo certifícase que Pablo Iglesias e os seus aliados pasan das mareas e van por libre nas súas decisións. Só Ferrol, A Coruña e Santiago —onde hai marcas consolidadas (Ferrol en Común, Marea Atlántica e Compostela Aberta)— poderán ter 'autonomía' sobre os imperativos de Podemos en Madrid. Nas demais localidades galegas, os 'podemitas' e os seus aliados xa decidiron, con este acordo, condicionar o futuro das mareas, comprometendo a propia marca 'mareas'.

Agora queda por ver que posición adopta Anova ante este escenario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

12 Fran Correa

Gamela, cal é a diferenza entre servir á UPG ou so PcE? Axúdoche, a ti préstache máis a obediencia a España capital Madrid! Non está detrás de IU, Equo e Podemos a vella garda, os purgados, os que se foron pola porta traseira e os Marios e Palleiros? Pois iso, por idade sábelo, o método do PcE non é idéntico ao da denostada UPG? O trapiño non, esquece a identidade e recoñece o negocio! E ante tanto descaro, quedando sen carauta, que dirán agora Antón Santos, Noriega e Ferreiro? O que mande Madrid, como Fernández Vello e o Cupletista Madrileño (antes Comunista Independetista)!

1 Gamela

Aí tes toda a razón !!! Os novos cadros do vello PCE travestidos de IU son unha peste para a XENTE DO COMÚN como verás https://i.gal/gamela05 En canto a Noriega é unha verdadeira lástima que os experimentos con CocaCola do Beiras o pillara no medio destes arribistas do carallo (IU) Se non tivesen castrado a PODEMOS GALICIA (lémbrate de Breogán!) as cousas a estas alturas serían moi diferentes !!! Pero daqueles polvos (cando Paco Rodriguez bramaba contra os Podemitas!) dende La Voz de Galicia... estes LODOS !!! Saúde

2 Gamela

Aquel rapaz era GALEGO era PodemosGalicia era NOVO era o FUTURO DA XENTE ! Pero entre Yolanda e Beiras e tantos máis fixeronlle a cama e colocaron no seu lugar a unha cousa estraña chamada CarmenSantos (que de santa non ten nada!) Que lástima de Breogán Rioboo !!! E tantos outros que foron quedando polo camiño dende o 15M porque segundo ALGÚNS estes non tiñan FUTURO para levar adiante a República Galega !!!

11 Cucurucocú

O de Rico e ben suave. Outros avivan a memoria de martires que eles mesmos axudaron a liquidar. Tolemia

10 Gamela

Noraboa a Mario López-Rico e Cía. Por fin lograron DINAMITAR o Partido Instrumental que lle podía facer sombra ao BNG de Paco Rodríguez !!! Misión cumprida !!!

1 Per

Fixacion con Paco Rodriguez e a UPG e a que tedes,,levades anos co mesmo tema,,, para ti os bos son Ferrin e Beiras e Pablo Iglesias,, seguide así....

2 Pondaliao

Por eí vas mal. Ou recoñecemos os erros de todos nós e refundamos o "galeguismo" cun artefauto pedagóxico-eleitoral ou imos aviados.

3 Gamela

Pondaliao, non te decatas que aquí o único partido que pode detentar as "esencias do galeguismo auténtico" é o partido que REPARTE CARTAS dende hai máis de 40 anos ? Calquera outra posiblidade está condenada ao fracaso -como podemos ver- E algúns aínda dín que teño fixación coa UPG de Paco ?

4 Per

Beiras, Ferrin e a FPG reparten as mesmas cartas que a UPG dende hai 40 anos

5 Sara

E Camilo onde puxen a chaqueta Nogueira. Non esquezamos a Camilo ben me sabe a Sicav de Luxemburgo Nogueira, á Candocia do taxi, ao Néstor Rego da UPG, ao fontaneiro Paco Jorquera, ao resabido Manolo Martínez, ao Lores e a Da Silva y olé, á parella de feito de Mario e Eyré... Menos mal que na esquerda a política concíbese como participación da xente e non como actividade vitalicia para señoritos.

9 Vieiras xefe do evento

Era visto o vello -Vieiras noutra xogada intelixente, organizando as suas mesnadas de podreiros para seguir engañando e traizoando os galegos, sempre foi asi sempre fixo as mesmas situacions no ultimo momento encabezara outra vez a candidatura o senado o que sempre dixemos, que remataria onde rematou o seu amigo de comilonas secretas de cenáculos prohibidos... no paraíso do senado vivindo a conta dos tontos como un marques o señorio de reborainas xa e recoñecido como entidade feudal... disfroiten do votado, disfroiten do ben que fixo, destrui cxg os tomou por inocentes e fixo moito daño o bng o nacionalismo foi a baixo por culpa do elemnto trasnochado, cada vez esta xa mais nas conciencias dos galegos como elemento vende-patrias

8 Pondaliao

E o 25 de xullo, divididos coma sempre. A lo menos habemos de estar xuntos na insignificancia.