Denunciado o presidente de NN.XX. de Camariñas por agresión ao director dun medio local

Diego Alonso Freire di que Martín Castiñeira insultouno e mallou nel logo de publicar unha información sobre o Club Naútico do que o segundo é presidente.

Por Galicia Confidencial | Camariñas | 05/06/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Diego Alonso Freire, director da publicación Camarinas.eu denunciou a quen é o presidente de Novas Xeracións (NN.XX.) en Camariñas e, ademais, presidente do Club Naútico nesta localidade, Martín Castiñeira, por telo agredido físicamente.

Martín Castiñeira, presidente de NN.XX de Camariñas, nunha visita que Diego Calvo e Miguel Tellado realizaron recentemente a Camariñas
Martín Castiñeira, presidente de NN.XX de Camariñas, nunha visita que Diego Calvo e Miguel Tellado realizaron recentemente a Camariñas | Fonte: D.F.

Segundo informou Freire a GC, os feitos tiveron lugar hai un mes cando, supostamente, Castiñeira increpouno e logo bateu nel por unha información publicada no medio que dirixe sobre o Club Naútico. Despois deste incidente, o lesionado acudiu a un centro médico que corroborou que tiña lesións no ombreiro. Con ese parte médico, Freire presentou unha denuncia.

“Hai unhas semanas fun agredido polo Presidente do Club Náutico de Camariñas en presencia de testigos. Dita persona avalanzouse contra min por, segundo el, unha publicación que fixemos en Camarinas.eu con relación ao Club Náutico  que él preside. Evidentemente eu tiven que chamar a Guardia Civil e presentar denuncia con parte de lesións”, suliñou en declaracións a este medio.

Alonso Freire critica os malos modos de Castiñeira e denuncia que siga sendo líder local do PPdeG. De feito, hai uns días, o presidente provincial do PPdeG, Diego Calvo, xunto ao secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, mantiveron un encontro con esta persoa nunha visita realizada a Camariñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sandraxxxx

Espero que mañan expliquedes que diego alonso perdio este juicio, é dicir, mentía Tp estaría mal que xa que falades de que martín é presidente de nnxx comentárades que o tal diego alonso é fillo do naquel momento alcalde ahora exalcalde tras que dimitir por corrupto

1 Fran do Covelo

Que non che den a razón ou "gañes" un xuizo non significa que mintas, si que non podes aportar documentos ou probas como testemuñas que te avalen, polo que non se tramita ou se arquiva a causa. Salvo que te condenen por denuncia falsa. E iso sabendo que a xustiza da monarquía bananeira de España non é precisamente cega, pois non sempre se cumpre... E menos cando anda a mafia polo medio, os dos partidos sistémicos de ganchete co corrupto poder xudicial, da que ti pareces saber e compartir moito.

1 Arquetipo

Camariñas Borroka??. Que opina o ex compañeiro de viaxe benegueiro e actual ca ra de ko na do PPG Sr. Tejado??.