Rubén Cela anuncia que non repetirá como candidato do BNG en Santiago

Indica que a súa decisión “responde exclusivamente a unha cuestión de tipo persoal e familiar”. Deixa claro que o BNG en Santiago está “nunha boa posición” ao conseguir nos últimos tempos reactivar a base militante e simpatizante.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/06/2018 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Rubén Cela, vocero do BNG en Santiago e unha das persoas con máis peso e proxeción desta formación na capital galega, anunciou en rolda de prensa que non vai repetir como candidato desta formación nas vindeiras eleccións municipais, logo de comunicar esta decisión á asemblea local do BNG.

Rubén Cela, voceiro do BNG
Rubén Cela, voceiro do BNG

Cela, que entrou como concelleiro do BNG no pazo de Raxoi en 2011, explicou que esta foi "unha das decisións máis complicadas" da súa vida. "Pódovos asegurar que, sen lugar a dúbidas, foi a máis pensada e repensada e responde exclusivamente a unha cuestión de tipo persoal e familiar”, sinalou e aclarou que “non ten nada a ver coa vida municipal nin política”.

“Son dos que penso que para ser portavoz dun grupo político no Goberno ou na oposición require dun traballo, dispoñibilidade e esforzo que non vou ter no futuro e o que me parece máis honesto, coherente, sensato e mellor para o BNG e tamén para a Corporación é dar paso a outras persoas”, asegurou.

O MELLOR MOMENTO

Ademais, afirmou “ser consciente de que é o mellor momento” para tomar esta decisión porque o BNG en Santiago está “nunha boa posición” porque conseguiu nos últimos tempos reactivar a base militante e simpatizante, “vólvese achegar xente ao BNG e temos un clima interno moi bo e con gran cohesión que vai permitir facilitar este proceso en pouco tempo e de xeito positivo”, con persoas e ideas “para facer de Santiago de Compostela un concello mellor para vivir, para traballar e para gozar”.

Sinalou tamén que vai seguir “deixando a pel” no ano que falta “para facer unha boa oposición” que vai seguir sendo fiscalizadora e, polo tanto, crítica coas cousas que faga mal o Goberno de Compostela Aberta “mais tampouco vai mudar a folla de ruta polo proceso electoral e até o último día será unha oposición propositiva, positiva e coa man tendida a chegar a acordos naqueles asuntos que sexan bos para a veciñanza de Santiago de Compostela”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 En fin

CA e o BNG despexando o camiño para o PP, uns por nulos e outros por listos.

4 Estevo das Estrivadas

Unha gran persoa e político. Grazas Rubén.

3 Mariano Chao

Sempre estará o Concello de Pontevedra para recoillelo. Alí atoparíase como en "familia" e nese club que poderiase chamar: "Eu só cotize á Seguridade Social como liberado do BNG-UPG en toda a miña vida laboral".

1 Dantesco

Aprende a escribir. Como se che nota o tufo... Pero podes escribir en imperial que non está prohibido eh...

2 comunista independentista

Non era sen tempo. É un político nefasto colocado a dedo pola U e cegado polo seu odio sectario a CA e Anova. Antes del o Bloque acadaba 4-5 edís en Compostela e estaba en alza. Con el, quedou reducido a 2 edís e grazas. Hai xente moito máis válida. Non se preocupen, as portas xiratorias da U teránlle reservado algún postiño nalgunha das súas múltiples fundacións financiadas por EspaÑa.

1 dotore

Tas enfermo. Fin de la cita

2 Lord Halifax

Ten razón, fixo que Nestor Rego parecera Churchill.

3 Galego non sometido

Comunista independentista, deberías tratar a túa patoloxia. Polo demais agradecer a Rubén Cela a súa coheréncia política, honestidade e compromiso na defensa do noso país, algo carente na política últimamente.

1 Compostela's

Grande homem e grande politico!