Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/06/2018 | Actualizada ás 13:45
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, os traballadores teñen previstas concentracións diante das sedes dos distintos arquivos oficiais de Galicia. A xornada de reivindicación, que comeza ás doce da mañá do venres, estará acompañada da lectura dun manifesto que recolle as queixas do sector.
Segundo Toño Fernández, Técnico Superior de arquivos da Consellería de Cultura, "dende hai uns meses estamos levando a cabo contactos tanto coa Consellería de Cultura e Educación, así como con outros interlocutores, para conquerir uns niveis dignos na nosa profesión". E é que a día de hoxe, os técnicos de Cultura galegos son os peor pagados no conxunto do Estado.
Os arquivos convocados á concentración son o Arquivo de Galicia, o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Ourense e Pontevedra, os Arquivos Centrais das consellerías en Compostela, os Arquivos Territoriais de Lugo, Pontevedra e Vigo, e os Arquivos Xudiciais. Todos eles, aseguran, levantarán a voz "as veces que faga falta, pois esta loita xa non ten marcha atrás".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.