Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/06/2018 | Actualizada ás 13:35
O 6 de xuño de 1944 desembarcaban nas praias de Omaha, Utah, Sword, Gold e Juno na Normandía francesa, uns cento sesenta mil soldados. Un deses soldados, o único do Estado español documentado que participou nesa batalla foi Manuel Otero Martínez.
Otero Martínez, un galego de Outes, de 28 anos, estivo exactamente ás 7:40 da maña, nesa Hora H, na praia de Omaha. Era membro do 16 Rexemento de Infantería da Primeira División norteamericana, coñecida tamén como Big Red One.
Emigrado nos Estados Unidos e alistado no exército americano, Manuel Otero enrolouse no exército ianqui para loitar contra os nazis. A súa historia reconstrúea o portal Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.