O español de dereitas e o español de esquerdas

Nuns poucos meses cumprirase o primeiro centenario da famosa frase do escritor catalán Josep Plà cando definiu que o máis semellante a un español de dereitas era un español de esquerdas.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 11/06/2018

Comparte esta noticia
Comezaba o outono do 1918, o da gripe española, a fin da primeira guerra mundial e a conversión das Irmandades da Fala en movemento  nacionalista galego na  I Asemblea de Lugo. Daquela Plà e o seu xefe político, Francesc Cambò, estaban moi lonxe de financiar o franquismo ou de espiar para Franco (como remataron por facer) e acreditaban nunha evolución democrática do Estado que priorizase a autonomía das nacións galega, catalá e vasca. A Lliga que dirixía Cambò foi o principal financiador das campañas dos candidatos galeguistas do outono de 1918, nas que sobrancearon Lois Porteiro Garea e Antón Losada Diéguez.
 
Segue sendo un español de dereitas o máis semellante a un español de esquerdas? Si e Pedro Sánchez vens de amosalo. Nomeou ministro de Asuntos Exteriores a Josep Borrell,  hooligan do unionismo máis extremista. Un escollido orador da demostración do 8-Ou que non virou o fuciño ao apoio de Somatemps e organización desta caste ás sucesivas mobilizacións unionistas.
 
O madrileño cedeu ás presións de determinados persoeiros de Interior que non querían a volta ao ministerio da xuiza Margarita Robles por mór do seu activismo nos 90 para limpar o lixo dos GAL. E velaí o nomeamento do maxistrado Grande-Marlaska, proposto polo PP para o Consello Xeral do Poder Xudicial e sempre favorábel ao Goberno e aos xefes do Ministerio do Interior nas súas pescudas xudiciais na Audiencia Nacional. Que llelo conten aos familiares dos militares mortos no accidente do avión Yak 15 
 
Engadiulle Sánchez  estes  dous nomeamentos  chave coa escolla dunha vicepresidenta taurófila e negociadora do golpe do 155, que implantou en Catalunya e no Estado todo un estado de excepción non declarado.
 
É verdade que hai máis proactividade no empoderamento de mulleres, na promoción de persoeiros representativos de cadansúas carreiras profesionais e dunha meirande modernidade no estilo, fronte ao estilo  caduco de Rajoy, Méndez de Vigo ou Juan Ignacio Zoido. Mais  as tres principais carteiras do novo Goberno amosan a súa radical falla de sensibilidade a respecto da plurinacionalidade do Estado e dos sectores máis sensíbeis coas liberdades públicas.
 

Rajoy e Pedro Sánchez nun encontro na Moncloa
Rajoy e Pedro Sánchez nun encontro na Moncloa | Fonte: elconfidencial.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.