A muller do 'Chicle': "O meu marido saíu despois; cambiouse de roupa e saíu"

TVE publica imaxes da declaración xudicial que a muller realizou en xaneiro, en calidade de investigada, ante o xuíz de Ribeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2018 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A muller de José Enrique Abuín Gey, 'O Chicle', único acusado da desaparición e morte de Diana Quer, asegurou ante o xuíz que na noite dos feitos o seu marido saíu da casa "despois" de que todos se deitasen. "Cambiouse de roupa e saíu", indicou.

O autor confeso da morte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle'
O autor confeso da morte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle'

Así o recolle a declaración xudicial que a muller realizou en xaneiro, en calidade de investigada, ante o xuíz de Ribeira, e que emitiu este luns o informativo de TVE. Tras ese interrogatorio, o maxistrado decidiu desimputala.

En sede xudicial pode verse o momento no que a muller do 'Chicle' lle retira a coartada e asegura que a noite da desaparición de Diana Quer non estivo con el, algo que afirmara nun primeiro momento. "En ningún momento", di ao xuíz, que, tras preguntarlle se participou en algo do que puido facer o seu marido engade, "en nada".

Esa noite de agosto, narra a muller, todos os habitantes da vivenda foron durmir. "O meu marido saíu despois. Cambiouse de roupa e saíu", asegura, á vez que desvela que tivo certas sospeitas sobre a súa participación: "Eu sempre lle seguín preguntando, mentres estivo esa moza na tele. E el 'que non, que non, que non'", explica.

Tamén se lle pregunta sobre a suposta violación da súa irmá a mans do 'Chicle'. "Metinme a un avogado, que se encargou de buscar probas. Ela dixo que non había nada evidencial de que fose el", contou ante o xuíz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta