A presidenta do Consello da Cultura: "A mocidade perde o galego porque non está na educación básica"

Álvarez Blanco, recentemente elixida cabeza da institución, suxire "abrila a novos públicos" e "estreitar" lazos con Portugal e Brasil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2018 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, alertou este mércores que a mocidade "quere o galego", pero "pérdeo porque non está presente na educación básica" e "se socializan en ámbitos nos que se lles impón o castelán". Así o expresou durante a súa comparecencia na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento galego, á que asistiu por primeira vez desde a súa elección, o pasado 31 de maio, como cabeza do Consello da Cultura.

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega | Fonte: culturagalega

Na Cámara, Álvarez Blanco respondeu a preguntas dos catro grupos parlamentarios --PP, En Marea, PSdeG e BNG-- para clarificar as liñas estratéxicas que seguirá o organismo que dirixe, á vez que alertou sobre a situación do uso do galego nas franxas de idade máis baixas. "Moitas veces dise que os mozos non o falan coma se fose culpa deles. Non é que ao chegar aos 13, aos 14 ou aos 15 anos abandonen unha lingua, é que xa non se lles introduciu desde pequenos", valorou.

E é que, segundo engadiu Álvarez Blanco, isto é culpa de que na educación básica "non está presente o idioma". "Hai que ir ás causas da desgaleguización, que non se produce de forma voluntaria senón por falta de apoio", sentenciou. Ademais, dixo que a "sorpresa" dos informes que realiza periodicamente o Consello dá Cultura é que o "abandono" entre os mozos deportistas se produce "conforme van tendo maiores éxitos deportivos", posto que, tal e como explicou, "as federacións están moito máis desgaleguizadas".

"IMPÓNSELLES O CASTELÁN"

"Os mozos queren o galego, pero socialízanse en ámbitos nos que se lles impón o castelán como lingua de interacción e interlocución", criticou Álvarez Blanco, quen, a continuación, esgrimiu que hai "responsabilidades" que "non competen" ao Consello da Cultura porque "as ten que asumir o Goberno".

"E non só nos diriximos ao Goberno galego, senón a todas as institucións públicas: os gobernos municipais e locais, tamén as deputacións provinciais, teñen que investir en cultura se queren que levante cabeza", advertiu. Neste contexto, Álvarez Blanco lamentou o "escaso investimento público" en cultura, "un dos sectores máis afectados pola crise e polos recortes". "Dise, en concreto, que xera nestes momentos o tres por cento do emprego en Galicia e o dous por cento do PIB, polo que non é comprensible que só se lle dedique o 0,65 por cento do PIB en financiamento", declarou.

TRES LIÑAS ESTRATÉXICAS

Noutra orde de cousas, a recentemente electa presidenta do Consello da Cultura Galega valorou que o seu predecesor, o profesor Ramón Villares, deixou unha institución "renovada cun alto de nivel de prestixio", á vez que anunciou que a súa xestión "non vai ser continuista" e vaise a centrar en tres liñas.

A primeira delas buscará "integrar a cultura humanística e a científica", sector no que a Comunidade galega, segundo afirmou, é "punteira". "Isto incide sobre o prestixio e a innovación da lingua", asegurou. As outras dúas liñas de actuación serán dar "atención a distintos colectivos culturais" --creadores, produtores, fabricantes e distribuidores, entre outros-- e "esforzarse en chegar aos novos públicos" a través de "novos modelos de comunicación e formatos de actividade" que incida tamén en ámbitos "especializados". Así mesmo, Álvarez Blanco alertou das "lagoas importantes" da cultura galega en sectores por parte de "algunhas institucións" ás que, advertiu, o Consello "non pretenden substituír".

"O ecosistema cultural precisa iniciativas que active a articulación sectorial", declarou para despois suxerir que "unha das prioridades" do organismo que preside será establecer "liñas de comunicación de ida e volta para difundir a cultura galega no exterior". Para iso, fixo fincapé en "reflexionar" sobre a internacionalización e "estreitar" relacións con Brasil e Portugal, así como "recuperar o europeísmo" e destacar a "posición atlántica" de Galicia para a súa proxección externa.

"CRÍTICAS CONSTRUTIVAS"

A representante de En Marea na comisión Ángeles Cuña valorou que Álvarez Blanco sexa a primeira presidenta feminina do Consello da Cultura, aínda que estableceu as posturas "críticas pero tamén construtivas" do partido instrumental coa institución.

Neste sentido, suxeriu que a internacionalización da cultura "pode avanzar non só con Brasil e Portugal, senón co sete países lusófonos". Ademais, Cuña dixo que "non pode entender" o incremento de 0,5 por cento dos orzamentos do próximos catro anos para a institución, polo que solicitou á súa nova presidenta que "reflexione sobre esta cuestión".

Pola súa banda, a deputada do BNG Olalla Rodil saudou a elección de Álvarez Blanco como primeira presidenta muller en 35 anos de historia do órgano, á vez que lle transmitiu as "preocupacións" do Bloque sobre a situación do idioma galego na mocidade e os "recortes" da Xunta en cultura.

Mentres tanto, a representante do PSdeG Concepción Burgo erixiu ao Consello nunha "institución moi especial, consolidada e importante" e expresou que ve no programa da nova presidenta "proxectos ambiciosos" que espera que "poidan cumprilos na súa totalidade". "Non temos en Galicia unha clara política de internacionalización e de proxección exterior, polo que me alegra saber que ten esa preocupación", engadiu.

Pola súa banda, o deputado do PP César Manuel Fernández tamén destacou que unha muller estea á fronte da institución e dixo que lle parece "interesante" a intención de Álvarez Blanco de "abrir o Consello á sociedade" con "novos formatos e novas tecnoloxías". Ademais, en canto ao traballo do organismo polo idioma, tendeu a man a que o Goberno galego traballe en "consonancia" co organismo. "Todos coincidimos en como se produce unha criba na transmisión xeracional, cuestión na que o Consello implementa moitas actividades", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 Galegus

O certo é que a mocidade pasa do galego e fala habitualmente en castelán. Pasa do galego porque a súa utilidade é mínima, a non ser que queiras facer carreira no sindicato, e tamén porque é a lingua dos profesores máis pirados de colexios e institutos así como os alumnos máis vagos e dados ao consumo de estupefacientes. Outra cousa é que a súa presunta promoción sexa o modo de vida dalgúns. Por iso hai que seguir co choriqueo habitual.

1 Pondaliao

Caghaches mal hoxe, ou?

2 Leike

O galego arráncaselles dende os primeiros pasos na escola a rapaciñas e rapaciños que entran nela falando o seu idioma. Nese proceso ten tamén moito que ver -claro- todo que constitúe o alimento lingüístico que vai absorbendo (dende a televisión aos centros de saúde e todo o arredor polo que entra -ou sae unha fala). O galego non recúa: vano matando

4 cachán

¿Qué vai facer para acabar coa corrución no CCG? ¿Alguén coñece o misterio insondable sobre cómo se accede aos postos de traballo do CCG?

1 Galegus

Preguntalle a Ferrín como enchufou a filla e o xenro na RAG. Ah non, iso non interesa.

2 Cucurrucocú

A Ferrin o poñen ao mesmo nivel que a Pepiño de Teis, este último foi defecado pola UPG poñendo Paco Rodríguez en cuestión a sua saude siquica

3 f4HB

Sí, lo siguiente será que a los niños de La Coruña o de Vigo se les impone el español en casa... El problema, irreversible, está en que el gallego perdió el tren hace muchos años, y por mucho que corra la civilización va más rápida: apenas tiene cultura escrita, carece en absoluto de ciencia y técnica, posee un vocabulario limitadito y para usos pretendidamente cultos, lusitanizante, en el que aprendieron gallego en casa no se reconocen; se asocia a la Galicia profunda o al extremismo empedernido, etc. No hay futuro, y lo saben, pero se resisten a perder las subvenciones y puestos de trabajo artificiosos para los camaradas. La tilita...

1 Titán

Terrible el nepotismo y las subvenciones desaforadas a grupos castellanistas en la RAE y el Instituto cervantes que no representan más que una ínfima parte de los hablantes de español.El miedo a perder la mamandurria. El güisquito...

2 teutonio

Parabéns por facer un copia e pega dalgunhas frases e non perder o tempo repetindo o do lusitanizante. Un saúdo e irlle ás piñas

2 Ouveos españolistas

Concordo coa señora. Hai concellos do BNG que pasan do idioma (o caso escandaloso e noxento de Monforte de Lemos foi denunciado pola Mesa, cando a Mesa era libre para criticar, que desde Callón e agora está para tapar e tragar). Mesmo hai concellos que promoven manifestacións do españolismo máis rancio e casposo, modelo Pontevedra. Polo tanto, sabemos que na Xunta están Pola extinción do galego, contando con colaboradores despreocupados no PSOE (de Paco Vázquez a Caballero), nas Mareas (deixa facer, non incomoden á casta) e no BNG (impostores, que dixera o Sarille, con datos certos).

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita loqui, si tu amigo Louzán le regaló un livro a Callón para que aprendiese español honvre

2 José

Pois si, ten toda a razón o ouveador. O tolo és ti, ademáis de pai-lán. Ou é que Pontevedra non é a cidade máis "pija" do país? Pija a cachón, iso foi no que a converteu o bloque, e mentres, mantén as touradas e comparte emisario submariño con Ence. Lores é un timo como o mundo é mundo. Se vivise en Pontevedra jomitaría todos os dias do noxo pijo que a invade. Se quixesen ser inimigos de Ence o primeiro que debían facer é un emisario propio municipal para os residuos urbanos.

1 Fernando G

El lloriqueo habitual de la gente de la "cultura". Son todos iguales. Piden siempre más subvenciones para vivir del cuento, en cuanto tienen oportunidad defraudan como el que más (Vease hoy al nuevo ministro de cultura) o despiden a los trabajadores sin indemnización (los Bardem) o se agarran a organismos inquisidores como la SGAE (Antón Reixa). Do galego, mellon nin falar. A súa asociación ao fanatismo, a imposición e o BNG foi letal.

1 Figura.

La imposición del castellano en La mancha fue letal.