Unha xestión da que estarmos orgullosos e orgullosas

Pasaron case catro anos desde que o BNG entrou no goberno municipal de Vigo. Catro anos de esforzo, ilusión e compromiso coa nosa cidade e co noso país. Participamos dun goberno orientado polo compromiso con Vigo e con Galiza, desde os nosos valores e principios e desde o compromiso coa cidade e o conxunto de país. Partimos da base que gobernar non é o mesmo que mandar. Gobernar é escoitar á veciñanza, atender as súas demandas, facer fronte ás súas necesidades, ser próximos aos seus problemas, ser transparentes nas nosas actuacións. Agora, chega a hora de facer balance para que os cidadáns escollan.

Por Santi Domínguez | | 25/03/2011

Comparte esta noticia

Fixémolo a semana pasada, nun acto conxunto cos socios de goberno. Fixémolo esta semana mediante diversos actos sectoriais nos cales informamos a cidadanía da nosa labor en deportes, cultura, benestar, igualdade, comercio e outras áreas.

Grazas á labor dos nosos concelleiros e concelleiras, en Vigo duplicamos os orzamentos de benestar, puxemos en marcha novas infraestruturas deportivas como as piscinas de Barreiro e da Miñoca ou o pavillón de Navia, garantimos unha programación cultural para todo o ano no Auditorio Municipal, abrimos locais de ensaio para os músicos novos e puxemos en valor o noso patrimonio, reconquistando para a cidadanía o Casco Vello como un lugar para vivir e coñecer. As nosas accións foron avaladas por premios externos, como o premio COCENFE de accesibilidade ou o Premio do Consello Superior de Deportes (o máis importante do Estado).

Pretendemos agora dar contas e seguir escoitando á cidadanía (mediante de ferramentas como a web euparticipoenvigo.org) para seguir construíndo entre todos e todas o Vigo do futuro. Contamos con vós nesta tarefa. Vivimos tempos difíciles, pero desde a confianza na xente, e mediante o compromiso de todos e todas, poderemos enfrontar todos os retos.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Santi Dominguez Naceu en Vigo en 1964. Candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Turismo, Industria e Comercio do Concello de Vigo. Iniciou a súa traxectoria como concelleiro no Concello de Vigo no ano 1995. Foi director xeral para o Deporte da Xunta de Galiza entre os anos 2005 e 2007, etapa na que se disputaron os primeiros partidos da selección galega e se fundou o equipo profesional de ciclismo galego. A súa traxectoria profesional estivo ligada sempre ao ensino e á formación. Diplomado en Ensino, traballou como profesor de galego, inglés e lingua española no colexio San José de Teis, onde coordinaba o equipo de Normalización Lingüística e fundou o Club de Baloncesto San José. Posúe o título de adestrador nacional de baloncesto.