Causa Galiza anima a unha manifestación o Día da Patria porque a "independência é o único caminho"

Fai, sobre todo, un chamamento á xente nova para ocupar as rúas baixo a premisa de que "a única opçom de futuro para a Galiza é a independência nacional".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/06/2018 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Causa Galiza anuncia o inicio dunha campaña independentista en Galicia, impulsada por asembleas abertas, que rematará na celebración dunha manifestación no próximo Día da Patria baixo a lenda "A independência é o único caminho". Coma a meirande parte das protestas, esta mobilización partirá da Alameda de Compostela ás 12:30h.

Causa Galiza marcha polas rúas de Compostela o 25 de Xullo
Causa Galiza marcha polas rúas de Compostela o 25 de Xullo | Fonte: diarioliberdade

Así pois, esta será a 11ª convocatoria do 25 de xullo que lanza a organización, tendo en conta a ausencia dela no 2016, cando a Audiencia Nacional suspendeu as actividades de Causa Galiza. Propón este ano unha manifestación conxunta e, desta maneira, chamou á participación ao BNG, Anova, Compromiso por Galicia, CIG, CUT, Galiza Nova... entre outros. Con esta protesta, rexeitan a " rutura democrática com o Estado espanhol" e defenden "umha posiçom independentista explícita como única opçom possível para concretar a Soberania Nacional da Galiza", aseguran.

QUEIXAS

Causa Galiza fai un balance abertamente crítico do momento que vive Galicia. "Galiza é umha naçom com umha gravíssima crise demográfica e com as taxas de natalidade mais baixas do mundo; mantém altíssimos níveis de emigraçom, que evidenciam a continuidade do papel histórico do nosso País como exportador de mao-de-obra barata", di a organización. A outra cara da moeda, aseguran, é a "pauperizaçom generalizada e crescente da populaçom galega, a precarizaçom laboral massiva, a deterioraçom e privatizaçom programada dos serviços públicos e a impossibilidade dumha vida digna nas condiçons sócio-económicas que determina o Estado espanhol".

Fronte a todas estas problemáticas, a organización entende que "a única opçom de futuro para a Galiza é a independência nacional. Um caminho no que já avançam outros povos do Estado espanhol e de Europa e que se constrói a partir da tomada de consciência nacional, a auto-organizaçom e o empoderamento populares, a acumulaçom e coordenaçom de forças independentistas e a unilateralidade".

CHAMAMENTO Á XENTE NOVA

Causa Galiza fai un chamamento a todo o pobo galego a "ocupar as ruas em manifestaçom sob estes precetos e desde a consciência de que nengum processo de reajuste constitucional ou reforma estatutária imagináveis darám soluçom às problemáticas citadas". Con todo, poñen o foco de atención sobre a xente nova e queren dirixirse con especial énfase a este sector da poboación. Describen esta xeración coma "umha geraçom que rompe, progressivamente, o tabu que a direçom histórica do nacionalismo galego instaurou durante décadas a respeito da independência e descubre que, estrategicamente, só a unilateralidade, a auto-organizaçom e a luita diária ofertam horizontes distintos dos do empobrecimento, a espoliaçom, a espanholizaçom plena e a repressom".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 criminais fora da GZ

os dous de abaixo são dous dromedarios que tinham que ir ranhar nacona

2 Doutor Bacterio

Que bonitos, hai que gardar algún en formol que cada vez quedan menos.

1 anonimo

Seica os independentistas opten pola independencia ( cos habituais panfletos alucinados en portugués) é unha nova maravillosa e increíble. O conto de sempre ( que hai un futuro maravilloso nun país indepedente e tipo Cuba )véndese coma unha novedad increíble.

1 antónimo

Non saber construir frases lóxicas, descoñecer a colocación de espazos e signos ortográficos, negar a continuidade natural e cultural do galego en Portugal, mentres emprega sen disimulo varias palabras e a norma tomada do castelán, no seu limitado galego dependente autoanémico, é o habitual dun pobre galego colonizado que presume de ser servo do imperio supremacista español. Todo un Xan das Bolas do século XXI!