Temas: RALLY FERROL

Escudería A. Ferrol pide concienciación polo falecido no Rally Sur do Condado

Escudería Automobilística Ferrol traslada as súas condolencias a familiares e amigos do afeccionado falecido esta fin de semana no Rally do Sur do Condado, á vez que alude á "concienciación" do público como "variable" indispensábel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2018 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Escudería Automobilística Ferrol traslada as súas condolencias a familiares e amigos do afeccionado falecido esta fin de semana no Rally do Sur do Condado, á vez que "redobra os seus esforzos" para pedir "concienciación" e que se cumpran os consellos de seguridade neste tipo de eventos.

A última edición do Rallye Rías Baixas.
A última edición do Rallye Rías Baixas.

Ante a presentación o vindeiro mércores da 49 edición do Rally Internacional de Ferrol, esta escuadra lamenta que "en ocasións a realidade dáche labazadas fortes e na cara, dolorosas e coas que non contas". Apunta que durante os últimos días estivo realizando un vídeo de seguridade ante a inminente celebración da edición 49 do Rally de Ferrol e que a idea era publicalo este luns, a dúas semanas vista do rally. "Por desgraza esa dolorosa realidade vén dar a razón, non ao vídeo en si (...) senón ao contido do mesmo; ás reflexións que se lanzan nel", constata.

Para a ocasión, contaron co vixente campión de España de rallys de asfalto, Iván Ares; co campión junior, 'R2' e '2RM', Javier Pardo; e con David Vázquez, copiloto campión galego de rallys en 2017 e habitual nos distintos campionatos nacionais de rallys.

"Todos eles reflexionan sobre a situación actual deste certame en materia de seguridade e valoran o que se avanzou en canto a esforzos da 'RFEdeA', organizacións e os propios equipos neste sentido", explica.

Pero, segundo advirte, "falta unha variable nesta ecuación, que tamén é moi importante: o público". "Sen a súa concienciación, sen o seu cumprimento dos consellos máis básicos, as indicacións dos comisarios ou o uso do sentido común, pouco máis se poderá mellorar", avisa. Por iso, Escudería A. Ferrol asegura que "volve redobrar os seus esforzos nesta edición da proba puntuable para o Campionato de España de Rallys de Asfalto".

Envía as súas condolencias á familia e amigos do afeccionado falecido no Rally Sur do Condado e tamén "unha mensaxe de ánimo e apoio ao equipo que desgraciadamente se viu involucrado en tan triste suceso e á organización da proba, a Escudería Surco, a quen, a pesar dos seus esforzos, tocoulles vivir a cara máis amarga e dolorosa deste deporte".

Por último, aos afeccionados, Escudería Automobilística Ferrol insiste en "unha mensaxe machacón" para que teñan en conta as medidas de seguridade.

Temas: RALLY FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta