Temas: MERGULLO SENEGAL

Un médico galego viaxa a Senegal para formar aos pescadores na prevención de riscos laborais

O galego especialista en medicina subacuática viaxará á localidade senegalesa de Yoff-Tonghor dende A Coruña para formar aos pescadores na prevención de riscos laborais relacionados co buceo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2018 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

Para a poboación de Yoff-Tonghor, a pesca, o comercio e as industrias relacionadas coa actividade piscícola constitúen o sustento económico fundamental, sendo o mergullo unha práctica en aumento nos últimos anos debido á sobrepesca. Pero a única aprendizaxe que ten a poboación acerca da técnica do buceo é por medio do "boca a boca", habendo unha gran falla de coñecemento en canto aos riscos e graves consecuencias que pode provocar unha mala práctica desta actividade. Así, existen na actualidade en Yoff máis de 15 xóvenes con problemas físicos (sobre todo problemas de mobilidade), casos de impotencia e varias persoas falecidas. 

Pescadores en Yoff- Tonghor
Pescadores en Yoff- Tonghor

É por isto que a ONG Ecodesarrollo Gaia, xunto coa colaboración dun profesional da ONG Solidariedade Galega, tomou a iniciativa de trasladar ao médico Jesús Herranz o próximo sábado 14 de xullo á localidade senegalesa. Para formar a pescadores locais na prevención de riscos laborais relacionados co mergullo. O curso será presencial e estará apoiado en material audiovisual e textos didácticos traducidos a wolof, a súa lingua local

ARRISCAR A VIDA

Acudirán a esta formación arredor de 40 representantes das distintas confrarías de pescadores que hai na zona, que despois trasladarán os coñecementos ao resto dos seus compañeiros. Estímase que, a día de hoxe, na contorna de Yoff hai 300 mergulladores que, xunto con outras confrarías, poderían chegar a un total de 600.

Nos últimos anos, a sobrepesca e as malas prácticas das frotas pesqueiras industriais están a agotar as pesqueiras das que depende a vida de moitos africanos, polo que os pesqueiros de Yoff-Tonghor cada vez atopan máis dificultades para cubrir as súas cotas e teñen que desprazarse lonxe, a augas máis perigosas. Estas dificultades están en aumento e favorecen que os mozos desempregados arrisquen as súas vidas por un traballo. 

Temas: MERGULLO SENEGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta