Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2018 | Actualizada ás 14:49
Os restos do expresidente Gerardo Fernández Albor, que faleceu na mañá deste xoves, vélanse no tanatorio de Boisaca de Santiago de Compostela, onde se celebrará este venres unha misa funeral antes de ser enterrado.
A capela ardente quedará aberta este xoves ás 16,00 horas e até ela está previsto que se despracen distintas personalidades, entre elas, o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Os primeiros en chegar ao tanatorio foron o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, e o portavoz do PP, Miguel Tellado, e tamén o fixo o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda.
O funeral está previsto ás 11,15 horas e, posteriormente, será o enterro. Galicia estará tres días de loito oficial polo falecemento do seu primeiro presidente da Xunta e os conselleiros suspenderon este xoves toda a súa axenda pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.