Morre outro ancián no Porriño por unha reacción alérxica ante unha picadura de avespa

Hai uns días morría outra persoa, supostamente polos mesmos motivos, en Viveiro

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 19/07/2018 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Un home de avanzada idade, de ao redor de 80 anos, faleceu na parroquia de Santa María, no municipio pontevedrés do Porriño, por mor da picadura dunha avespa, á que se cre que era alérxico, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.

Estas mesmas fontes aclararon que as primeiras investigacións descartan que a picadura fose dunha avespa asiática, coñecida como velutina, senón que se inclinan por situar a causa da morte na reacción alérxica que a vítima sufría ás picaduras destes insectos.

Neste sentido, indican que o home xa sufrira antes reaccións alérxicas ante outras picaduras. Así mesmo, fontes da Garda Civil tamén indicaron que a morte foi "aparentemente" por unha picadura, mentres podaba unha viña. De todos os xeitos, estas fontes puntualizan que as autoridades sanitarias e forenses encárganse das análises en detalle para determinar a causa exacta da morte.

DISPOSITIVO

Nun primeiro momento, a alerta produciuse pasadas as 21,00 horas do mércores, cando un particular avisou de que unha persoa podería recibir un golpe na cabeza, un extremo que posteriormente quedou descartado. Ata o lugar do suceso foi trasladada unha ambulancia asistencial e outra medicalizada. Os equipos asistenciais atopáronse ao home tirado no chan e inconsciente, polo que lle practicaron a manobra de reanimación cardiopulmonar, pero finalmente non puideron facer nada pola súa vida.

Equipos do 061 avisaron á súa vez ao 112 de que no lugar había un niño de avespas e advertiron do risco que supuña, polo que tamén foron mobilizados os bombeiros do Porriño. O pasado fin de semana, no municipio lucense de Viveiro, un home de 43 anos de idade morreu tamén por mor da picadura de exemplares autóctonos de avespa.

Niño de avespa asiática
Niño de avespa asiática

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta