Temas: COCHE VTC

Os coches de aluguer con condutor portarán en Galicia un distintivo que facilite a súa identificación

A Administración autonómica prevé aprobar a orde este ano e concederá un prazo de dous meses aos coches para a instalación do adhesivo e outros dous meses para esixir a disposición do mesmo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2018 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A partir deste ano, os coches de aluguer con condutor, os chamados VTC, deberán portar un distintivo adhesivo que facilite a súa identificación aos viaxeiros, profesionais e servizos de inspección en toda a Comunidade galega.

Tráfico, circulación, coches, taxi, taxis
Tráfico, circulación, coches, taxi, taxis

A Xunta informou este xoves, a través dun comunicado de prensa, desta nova medida, así como da publicación da orde que regula esta obriga e a apertura dun proceso de información pública até o 10 de agosto. O obxectivo desta norma é "velar pola calidade do servizo" que reciben os usuarios e "evitar prácticas fraudulentas" e de "competencia desleal", algo que denuncia o sector do taxi, que avoga polas normas 'antiVTC'.

Con esta medida, os transportes que dispoñan da autorización administrativa de VTC levarán un adhesivo na parte dianteira e traseira do coche que permitan a súa identificación, así como a vixencia da súa autorización e a matrícula do vehículo. A Administración autonómica prevé aprobar a orde este ano e concederá un prazo de dous meses aos coches para a instalación do adhesivo e outros dous meses para esixir a disposición do mesmo.

Temas: COCHE VTC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta