Só o 38,3% dos mozos entre 16 e 29 anos ten traballo en Galicia

O número de mozos asalariados con contrato temporal incrementouse un 10,2% respecto ao trimestre pasado e diminuíu, pola contra, un 0,3% respecto ao segundo trimestre de 2017.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/07/2018 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Dos 318.700 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 122.200 (o 38,3%) están ocupados, 37.000 (o 11,6%) parados e os 159.600 (o 50,1%) restantes son inactivos.

Fogares con todos os seus membros en paro. EPDATA
Fogares con todos os seus membros en paro. EPDATA | Fonte: Europa Press

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 38,3% no segundo trimestre de 2018. Con respecto ao trimestre anterior aumentou 2,1 puntos e en comparación co mesmo período do exercicio pasado incrementouse tamén 0,3 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase así no 23,2% neste trimestre, o que supón unha diminución en 2,6 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co segundo trimestre de 2017, baixou 3,1 puntos.

TEMPORALIDADE DO 63,4% ENTRE MOZOS

No segundo trimestre de 2018, o 74,1% dos ocupados de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. En relación co primeiro trimestre de 2018, esta cifra creceu un 8,1%, mentres que a de mozos ocupados a xornada parcial reduciuse en 200 persoas.

En comparación co segundo trimestre de 2017, baixou tamén a ocupación xuvenil que traballa a xornada parcial en 3.000 persoas, mentres que, pola contra, aumentou a ocupación a xornada completa (en 2.500 persoas).

Dos 112.300 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 36,6% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. Este número aumentou un 4,6% respecto ao trimestre anterior e fíxoo tamén na mesma contía en relación ao mesmo trimestre de 2017.

O número de mozos asalariados con contrato temporal incrementouse un 10,2% respecto ao trimestre pasado e diminuíu, pola contra, un 0,3% respecto ao segundo trimestre de 2017. Neste escenario, na comunidade galega, a taxa de temporalidade para o colectivo de mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 63,4%.

GRANDES CONCELLOS

Se se comparan os datos do sete grandes municipios galegos, Lugo e Santiago son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (53,8% e 57,6%, respectivamente) no segundo trimestre de 2018.

Pola súa banda, Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (40,3%) e tamén é o concello con maior taxa de paro (19,8%).

FOGARES

Os fogares con todos os seus membros activos en paro baixaron en 8.300 unidades durante o segundo trimestre do ano en Galicia en relación co trimestre anterior, até 60.600 fogares. Segundo os datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE), respecto ao mesmo período do ano anterior, esta tipoloxía de fogares reduciuse nun 11,5%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están ocupados aumentou en 10.700 unidades, de modo que alcanzou os 590.500. En relación co mesmo trimestre de 2017,hai 19.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha subida do 3,5% en termos relativos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta