Temas: VIDES MILDIU

As vides galegas, afectadas pola enfermidade do mildiu un ano máis

Fronte a este problema, En Marea esixe á Xunta "medios materiais e isntitucionais" orientados á mellora dos niveis de predición e tratamento a nivel de zona, de maneira que se apliquen solucións máis concretas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/08/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Coa chegada do verán, o mildiu, como así se coñece á enfermidade máis frecunte dos viñedos galegos, volveu instalarse por entre as prantas da uva. Isto obrigou os produtores a retirar as uvas das cepas contaminadas co obxectivo de previr a propagación da enfermidade. Fronte a este reto ao que debe facer fronte o sector vitivícola ano tras ano, o grupo parlamentar En Marea presentará unha Proposición de non lei encabezada por Davide Rodríguez e Antón Sánchez para esixir "medios materiais e institucionais" orientados á mellora dos niveis de predición e tratamento a nivel de zona das enfermidades coma o mildiu. 

Vides da Denominación de Orixe Ribeiro
Vides da Denominación de Orixe Ribeiro | Fonte: UVigo.

Ademais, este fungo chegado do norte de América e que se desenvolve de xeito óptimo en zonas húmidas de temperaturas altas, non é o único. Se ben o mildiu pode chegar a reducir as colleiras ata un 50%, o sector vitivícola enfróntase este verán a outras enfermidades que daban as uvas: o black-rot, a tiña e o botrytis. Moitos expertos advirten que os ataques cada vez máis agresivos das enfermidades mencionadas débense ao quentamento global. Algúns deles propoñen abordar o problema plantando os viñedos en ladeiras máis altas de orientación norte, dando prioridade a variedades de ciclo máis longo ou seleccionando variedades máis resistentes ás enfermidades da vide.

Con todo, para En Marea a solución está nunhas predicións máis axeitadas. Aseguran que "actualmente se realizan precidións baseadas en datos de temperatura, humidade e estado fenolóxico demasiado xenéricas". Por iso, instan a mudar estes procedementos para "ofrecer solucións concretas aos problemas que xorden nos diferentes microclimas nos que se cultiva a uva". En definitiva, o Parlamento de Galicia pide á Xunta de Galicia poñer medios para rematar coa aparición de mildiu e black-rot a nivel de zona.

Temas: VIDES MILDIU
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta