A Noite Branca poderá gozarse en Vigo cun percorrido polas curiosidades do Universo

Afundación organiza o sábado 11 de agosto unha experiencia para gozar dos segredos dos planetas, observar os fenómenos atmosféricos e mesmo realizar unha viaxe virtual no simulador de submarino. Todo, no Centro Interactivo de Educación Ambiental, Naturnova.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela a | 02/08/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Con motivo da celebración da Noite Branca, o Centro Interactivo de Educación Ambiental, Naturnova, abre este sábado 11 de agosto as súas portas de forma totalmente gratuíta. A actividade, organizada por Afundación, consta dun percorrido onde os visitantes poderán gozar das curiosidades dos planetas, observar os fenómenos atmosféricos, aprender sobre as enerxías renovables e mesmo realizar unha viaxe virtual no noso simulador de submarino.

O universo
O universo | Fonte: La Vanguardia

O horario de apertura previsto é de 18:30 a 23:00 horas. Durante esa tarde, son moitos os motivos para asistir: "coñece os misterios dos planetas, realiza unha viaxe polo fondo do mar nun simulador submarino, escoita unha treboada, toca unha nube, sobrevoa Galicia ou visualiza o funcionamento das enerxías renovables", anuncia Afundación. Todo isto ten como finalidade comprender como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo. 

Este conxunto de actividades poderán disfrutarse nas tres salas temáticas de Naturnova. A primeira está dedicada ao Universo, e nela explicaranse, ademais da galaxia e o sistema solar, as formas de movemento dos planetas e a súa situación dentro do sistema e o nacemento das estrelas. A segunda ten como núcleo temático a Terra e as súas características, onde se poderá coñecer o seu chan, a auga ou a atmosfera. E por último, a terceira sala está centrada no ser humano e na súa relación co medio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta