SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2018 | Actualizada ás 20:40 por EUROPA PRESS
Un home duns 70 anos de idade faleceu na tarde deste sábado cando se bañaba na praia de Fontela Valea, no municipio lucense de Barreiros.
O suceso tivo lugar ao redor das 18,00 horas deste sábado. Segundo fontes do servizo de socorrismo, o home foi arrastrado pola corrente cando nadaba nunha zona que fora coutada ao baño polas condicións do mar.
Membros do equipo de socorrismo procederon a sacar da auga ao home, que foi atendido na beira, onde se lle practicaron exercicios de reanimación durante unha hora.
Logo de recibir o aviso, Urxencias Sanitarias 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada. Con todo, os efectivos sanitarios non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no punto. Polo momento descoñécense as causas da morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.