Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/08/2018 | Actualizada ás 13:00
Comparar, saber que opinan outros usuarios, analizar os comentarios negativos, enviar varias peticións á vez, ler detidamente o contrato. Estes son aspectos que se deben coñecer antes de contratar un préstamo porque do contrario, cabe a posibilidade de non escoller a mellor opción. Así, o comparador de préstamos Financer España achega uns consellos para evitar ter problemas despois da contratación.
O primeiro, afirman, é realizar unha comparación para atopar a entidade que ofrece o préstamo máis barato. Pero no só para isto, senón que ademais axudará a atopar ofertas especiais, préstamos sen intereses como Vivus, e entidades con condicións que máis se axustan ao perfil do solicitante.
Do mesmo xeito, é recomendable saber que opinan outros usuarios porque é unha boa maneira de saber como de bo é un produto a través da experiencia. Porque buscar e ler comentarios de usuarios que utilizaron o produto pode axudar a definir as nosas opcións. As opinións en páxinas de internet ou en foros deben ser tomadas a modo xeral, xa que case sempre atoparemos opinións negativas e isto non quere dicir que a prestamista non sexa recomendable. Por iso, é necesario facer unha análise dos comentarios negativos e a razón de por que non recomendan o produto.
Así, son moitas as entidades que axustan o interese segundo o perfil de cada cliente, e por tanto ata que non se tramite a solicitude non se sabe o TAE que aplicarán. Ademais, Financer recomenda está opción en caso de necesitar o diñeiro con urxencia xa que desta maneira en caso de ser denegada a primeira solicitude, gañariamos tempo ao tramitar unha segunda solicitude noutra empresa.
LER O CONTRATO
É obvio e aplicable a calquera outra acción da nosa vida cotiá, pero aínda que a lectura sexa aburrida, ler o contrato de punta a cabo é primordial para saber que condicións ten. Algúns contratos poden ter máis complicacións para poder entendelos, por exemplo, os préstamos hipotecarios.
No caso de contratar a hipoteca, debemos solicitar o contrato previamente para unha lectura tranquila desde casa, e poder preguntar previamente ao día da firma á entidade bancaria calquera dúbida que teñamos. En calquera caso, hai que contratar un préstamo naquela entidade cuxas condicións son o máis favorables segundo as nosas necesidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.