Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2018 | Actualizada ás 20:00
A economía en Galicia mantén unha tendencia á alza. Así o recolle o informe do Foro Económico de Galicia relativo ao 2017, un ano en que o Produto Interior Bruto do país creceu nun 3,1%. Así pois, regrésase a niveis precrise e consolídase a recuperación. Con todo, o director do Foro, Santiago Lago, non esqueceu os "puntos negros" relativos ao emprego e á desigualdade. O economista Patricio Sánchez tampouco pasa estes aspectos por alto: cae a poboación activa entre os 25 e os 35 anos, un grupo que dende o comezo de crise baixa a un ritmo do 5% anual.
O aumento da temporalidade nas contratacións sumase ao baixo incremento da ocupación e do emprego, de maneira que rexistra unha das peores taxas de actividade. Mais non todo é negativo no mercado do traballo. Nos últimos tempos vense producindo unha alza de emprego no sector das manufacturas e unha redución do desemprego de longa duración en máis de 13.500 galegos. E ademais, segundo o BBVA Rerearch a economía galega mostrou resistencia fronte ás desaceleracións do ano a nivel estatal.
O CREMENTO ECONÓMICO NO SECTOR AUTOMOBILÍSTICO
Esta boa saúde apoiouse nunha combinación de factores: a caída dos prezos do petróleo, a política expansiva do BCE, a tendencia positiva do consumo privado e do investimento, os bos datos que rexistra o turismo e a exportación de bens... Todo isto impulsa o avance da nosa economía. E como non, o sector automobilístico tamén se ve afectado positivamente por esta boa racha. A venda de coches e todoterreos aumentou en Galicia un 3,8% no 2017 e suma máis de 43.000 matriculacións. Con todo, segue por baixo do avance medio do Estado, que alcanza unha cifra do 7,7%.
De feito, Galicia é a cuarta comunidade con peores cifras comparativas con 2016, segundo datos publicados polas asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam). Así, Aragón é a única comunidade na que baixan as matriculacións (-0,2%). Castela-A Mancha é a que menos crece (+1,5%), seguida de País Vasco (+2,8%) e Galicia, que ten o mesmo avance (+3,8%) que A Rioxa. No tocante a decembro, vendéronse 4.183 vehículos en Galicia, o que supón un 7,2% máis ca no mesmo mes do ano anterior. Neste caso, os datos galegos están máis dun punto por enriba da media do 6,2%.
Doutra banda, 2017 pechou cun maior número de vehículos diésel vendidos en comparación cos de gasolina. Así, os modelos con motor de gasóleo coparon o 48,3% do mercado, fronte ao 46,6% dos de gasolina e o 5,1% de modelos híbridos e eléctricos. Os particulares mercaron 639.451 vehículos en todo o ano pasado, un 4,4% máis, á vez que as empresas adquiriron 370.442 unidades no devandito período, un 12,8% máis, e as firmas de aluguer fixéronse con 225.058 unidades, un 9,2% máis. Así pois, unicamente experimentaron retrocesos comerciais os vehículos urbanos, os medios, os monovolúmenes pequenos e grandes e os todoterreos. En definitiva, son moitos os galegos que se animaron a mercar un coche no último ano, ben sexa adquirindo un novo primeiro vehículo ou renovando no concesionario ou compraventa ou mesmo obtendo o valor do vehículo usado coma entrada utilizando servizos especializados como compramostucoche.es
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.