Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2018 | Actualizada ás 12:48
A detención de Manuel Charlín, Jacinto S.P.V., e outros históricos vinculados co narcotráfico galego na Operación 'Barranca Bermeja' responde máis "á pirotecnia policial" que á existencia de incidios que os incriminen, segundo sostén un dos avogados da causa. Así o manifestou o letrado Francisco Miranda ás portas dos xulgados de Vigo, onde está previsto que este venres pasen a disposición do Xuíz os máis de 20 detidos neste macro operativo contra o narcotráfico.
"Entendemos que hai persoas que quedarán en liberdade. A súa participación é absolutamente transversal, mínima ou ningunha", apuntou, en alusión a Charlín e a outros históricos con antecedentes por narcotráfico. O letrado sinalou que neste operativo "hai algo de pirotecnia policial por pór no candelero o nome de certos considerados históricos, que se poderá ver que quedarán en liberdade".
"Pouco poderán acreditar que teñan que ver con isto, e algún xa quedou libre", engadiu en alusión a J.A.B, alias 'Charly', que quedou en liberdade tras ser atendido por problemas de saúde e á espera de ser reclamado polo Xulgado.Durante a mañá deste venres chegaron aos xulgados gran parte dos 27 arrestados no operativo, estando previsto que presten declaración polo menos 16 dos implicados.
O xuíz Juan Carlos Carballal tomou declaración por vídeo conferencia a dous dos detidos, de orixe colombiana e irmáns, E.M e M.M., que declaran desde Illescas en Toledo. A terceira videoconferencia prevista realizarase a un detido de nacionalidade holandesa, que prestará declaración desde os Xulgados de Estepona, na provincia de Málaga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.