Por E.P. | Madrid | 07/09/2018 | Actualizada ás 15:40
O Xulgado de Instrución número 20 de Madrid procesou a dez persoas pola súa presunta participación na liorta que enfrontou o 30 de novembro de 2014 a seareiros de Riazor Blues e da Fronte Atlético, que desembocou na morte de Francisco Javier Romeu 'Jimmy'.
Así consta no auto que transforma as dilixencias en procedemento abreviado, o que supón a conclusión da investigación. O maxistrado acusa a dez persoas e decide o sobresemento ao resto de persoas (92) implicadas na causa. O instrutor afirma que do instruído despréndense indicios da participación na liorta, feitos que se investigan en relación a un presunto delito de rifa tumultuaria e atentado. Ademais, acorda o sobresemento provisional de 92 persoas que foran imputadas na causa, xa que considera que non hai indicios que sustenten a súa acusación.
O pasado xuño, o xuíz pechou a investigación iniciada após a morte de 'Jimmy' sen procesamento por non existir indicios de criminalidade contra as persoas sinaladas no proceso. Nun auto, o xuíz chegou a esta conclusión despois de considerar que a declaración da principal testemuña "non é fiable" e non serve de maneira evidente aos efectos "de sustentar o procesamento de persona algunha".
Ademais, afirmaba que a gravación dun videoaficionado, achegada á causa, da rifa que tivo lugar nas inmediacións do Calderón, "carece da calidade suficiente para poder establecer sen ningún xénero de dúbida a identidade das persoas que alí aparecen, dada a súa baixa resolución".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.