A minoría supremacista

“Hablamos español” fracasou nas súas convocatorias de agosto, malia escoller datas de feiras en localidades con moitos turistas do resto do Estado: Sanxenxo, Baiona e Compostela. Mesmo entraron en conflito con elementos salientàbeis do PPdeG, como o alcalde de Sanxenxo.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 09/09/2018

Comparte esta noticia

De certo que a súa mensaxe ríspida, nin empática nin simpática, de brancos e negros, confronta de máis cos grises e relativismos galegos,  coa tolerancia, a amabilidade e a cordialidade que adoitan rexer asrelacións interpersoais  neste país atlántico.

Diran moitos de vostedes que non paga a pena escrebir a respecto desta xente. Que viven fóra da centralidade, son moi curta minoría e  non representan case a ninguén. Isto  é verdade, mais só se atendemos á realidade social de Galicia. Porque esta corrente,  reducida  e radicalizada, conecta con amplas capas da poboación nos territorios unilingües do Estado. Conecta con ese “mainstream” supremacista español que marca a axenda política da dereita española e na que se insiren os líderes de Cs e PP, Albert Rivera e Pablo Casado, canda os extremistas de Vox.

O discurso de “Hablamos español” é a negación da realidade. O problema na Galicia non o ten o omnipresente castelán, senón a nosa lingua propia, vetada en máis da metade do sistema educativo e moi minorizada nas Admnistracións do Estado e de Xustiza, na empresa, na publicidade e nos media. O discurso de “Hablamos Español”, como o do seu fundador Galicia Bilingüe proxecta unha realidade deturpada  onde o opresor transfórmase en oprimido.

Esta mensaxe non pretende ser maioritaria na sociedade galega, mais si cohesionar e alargar unha minoría moi influínte, que marque a axenda política, que impida de feito a oficialidade do galego, a vitalidade da nosa cultura, o desenvolvemento da nosa economía e a restauración da nosa autoestima. Quere dividir á sociedade galega e presentar aos que defenden os nosos dereitos e intereses  como o que son eles, como sectarios, intolerantes e pouco empáticos. Queren pór o mundo ao revés e que as súas teses supremacistas pasen por ideas razonàbeis.

Fronte  esta mensaxe de división, de exclusión do que é noso e de minorización dos nosos dereitos e intereses cómpre opór unha mensaxe en positivo, transversal,incluínte e pedagóxica que, porén,  non lles pase unha no ámbito do debate das ideas e  na definición da axenda política.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.