Nova manifestación do persoal de Maderas Iglesias despois de rexeitar o preacordo por "falta de confianza"

Máis dun cento de traballadores desta empresa do Porriño marcharon cara o edificio da Xunta en Vigo esixindo que a dirección lles pague salarios atrasados.

Por E.P. | VIGO | 12/09/2018 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Os traballadores de Maderas Iglesias volveron a manifestarse este mércores polas rúas do centro de Vigo, horas despois de que a súa asemblea decidise rexeitar o preacordo alcanzado entre o comité e a dirección da empresa, por "falta de confianza" na mesma.

Persoal de Madeiras Iglesias maniféstase en Vigo
Persoal de Madeiras Iglesias maniféstase en Vigo | Fonte: Europa Press

Así, o cadro ratificou a súa vontade de manter a folga indefinida que iniciaron a finais de agosto, dado que "os traballadores xa non se cren a palabra da empresa", segundo explicou o presidente do comité, Vicente Molares.

Máis dun centenar de empregados desta fábrica, situada no Porriño (Pontevedra), manifestáronse polas rúas do centro da cidade olívica, desde a Praza de España até o edificio administrativo da Xunta, esixindo á dirección da factoría que lles abone os salarios atrasados e que cumpra os compromisos asumidos.

A ese respecto, Vicente Molares sinalou que, xa antes da reunión deste martes, producíronse outras negociacións con mediación laboral e, aínda que a empresa adquiría certos compromisos, "nunca se cumpriron nin promesas nin prazos". "Estamos xa moi cansos, levamos así 8 anos", lembrou, en alusión á dramática situación desta planta que, hai uns anos, chegou a ter 800 empregados, fronte aos dous centenares que quedan agora.

O presidente do comité, quen denunciou que, no que vai de ano, xa se perderon medio centenar de empregos, recalcou que unha das promesas incumpridas por Maderas Iglesias é a chegada de novos investidores que refloten a compañía. "Falouse dun grupo, pero non se concretou en nada, seguimos igual", lamentou.

Viqcente Morales sinalou que antes da renuión deste martes, houbo outras negociacións con mediación laboral, e aínda que a empresa recollía certos compromisos, "nunca se cumpriron nin promesas nin prazos". "Estamos moi cansos xa, levamos así oito anos", recordou aludindo a unha dramática situación desta planta que hai dous anos tiña 800 empregados fronte aos 200 de agora.

O presidente do comité, que denunciou que neste ano xa se perderon medio cento de postos de traballo, sinalou que unha das promesas incumpridas por Maderas Iglesias é a chegada de novos investidores para reflotar a compañía. "Falaron dun grupo, pero non concretaron nada, seguimos igual".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta