Centro Galego de Bos Aires

Desde fai varios anos vénse falando da crise e agora do peche do Centro Galego de Bos. Aires. Esta morte anunciada foi obviada pola sociedade galega. O Partido Popular ocultábaa e a esquerda descoñecíaa, pola súa despreocupación polas súas emigrantes.

Por Lois Pérez Leira | Compostela | 13/09/2018

Comparte esta noticia
O que foi o máis importante centro galego do mundo por distintos motivos chegou a esta situación case terminal. Levo máis de vinte anos advertindo desta situación. Agora vivimos os momentos finais desta historia. A Xunta de Galicia evitou por todos os seus medios de que se coñeza a verdade desta crise. A realidade é que se chegou a esta dramática situación por culpa directa do Partido Popular e a Xunta de Galicia.
 
Podemos dicir que a crise ten unha orixe na decisión de Manuel Fraga Iribarne cando decide impulsar Fundacións, co fin de privatizar servizos. É así foi como se creou a Fundación Galicia Saude que se fai cargo da xestión sanitaria do Centro Galego. A totalidade das Agrupacións de socios do Centro Galego eran e son afiliados ao Partido Popular. A Xunta e estes dirixentes cómplices utilizaron a esta institución para a colocación de centenares de empregados.
 
Durante moitos anos a xestión directa ou indirecta de Santiago Camba home de confianza de Manuel Fraga, foi clave para implementar unha política liquidacioncita desta institución. Ante o abandono e o endeudamiento inmenso producido pola xestión da Xunta de Galicia, o futuro do Centro Galego quedou en mans das autoridades arxentinas. Agora co actual interventor móvense intereses inmobiliarios para comprar o edificio a prezo de saldo.
 
Desde fai varias décadas veño sostendo que esta entidade sanitaria xa non ten razón de ser cando a emigración galega de primeira xeración está na súa etapa terminal e non existen novas remesas de emigrantes. Por iso é necesario que as distintas partes interesadas poidan chegar a un acordo, para darlle unha solución ao problema. Por unha banda a Xunta de Galicia debe asumir a súa responsabilidade nesta crise. Debe contribuír a pagar a débeda acumulada pola súa mala xestión. Os socios e os traballadores deben solicitar que este hospital pase ao dominio público, como se fixo co hospital Francés que se traspaso ao PAMI (organismo sanitario dos xubilados) durante a xestión da Presidenta Cristina Fernández.
 
A Xunta de Galicia mentres tanto debe de garantir por un tempo de cinco anos o financiamento do funcionamento do hospital. O traspaso do hospital do Centro Galego ao pobo arxentino e ao seu sistema de saúde, debe ser parte do eterno agradecimiento dos galegos e galegas pola solidariedade dos arxentinos coa nosa emigración. En calquera acordo entre partes débese garantir a saúde de calidade para os socios desta entidade.

Imaxe do Centro Galego de Bos Aires
Imaxe do Centro Galego de Bos Aires
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.