Preocupación en En Marea e nas mareas locais ante a división interna de Podemos Galicia

O proceso de primarias da formación morada pode engadir máis inestabilidade ao fráxil equilibrio interno do partido instrumental e tamén prexudicar as candidaturas ás eleccións municipais de maio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/10/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A posibilidade de que Podemos Galicia abra unha batalla interna a medio ano dunhas eleccións tan importantes como as municipais puxo en alerta a varios dirixentes de En Marea e de distintas mareas locais, especialmente, as que gobernan as grandes cidades. Temen que se creen divisións e que iso acabe afectando ao partido instrumental e ás distintas listas municipais.

Carmen Santos, xunto con Breogán Riobóo e Pablo Iglesias
Carmen Santos, xunto con Breogán Riobóo e Pablo Iglesias

“Só faltaba que Podemos iniciara agora una nova guerra interna. Iso vai levar a unha tensión que tamén vai sufrir En Marea, pero máis certas candidaturas municipais”, apunta un dirixente do partido instrumental consultado por GC que asegura que, como haxa, finalmente, dúas candidaturas, a tensión de Podemos pode afectar aos espazos municipalistas e tamén ao grupo parlamentario.

De feito, o problema de Podemos xa non só é un problema “galego”, senón un problema a nivel estatal. A decisión de Carmen Santos de apostar por Carolina Bescansa como candidata ao proceso, “estatalizou” o proceso, como di un dos cargos consultados. “Santos sabía que podía perder contra Tone – Antón Gómez Reino-- e por iso utilizou a baza de Bescansa, enfrontada directamente a Iglesias, pero que pode mover á base desencantada de Galicia”, indican.

BESCANSA VERSUS PABLO IGLESIAS

O enfrontamento entre Iglesias e Bescansa ven xa de lonxe, xustamente, tras a filtración dun documento despois da Asamblea Vista Alegre II no que a ex dirixente de Podemos apostaba por unir forzas con Errejón para rematar co poder de Iglesias. Este documento supuxo a fin da carreira da politóloga na dirección de Podemos. Desde entón, a relación entre a de Santiago e o líder do partido é inexistente.

Carolina Bescansa, Pablo Iglesis e Íñigo Errejon, na dirección de Podemos cando había boa sintonía entre eles
Carolina Bescansa, Pablo Iglesis e Íñigo Errejon, na dirección de Podemos cando había boa sintonía entre eles | Fonte: voxpopuli

"Eu non falo con Carolina desde que se fixo público ese documento. Chámame a atención que alguén que leva 20 anos vivindo en Madrid e que hai tempo que se fixo público que quería ir á Asemblea de Madrid queira dirixir Podemos Galicia", dixo este domingo Iglesias tras coñecer a intención de Bescansa de iniciar a batalla en Galicia. “E, coma min, hai moita xente que se fai a mesma pregunta”, indicaba.

"As galegas non deixamos de selo cando emigramos", respondía este mesmo luns Bescansa na súa conta de Twitter en resposta a Iglesias.  Con todo, será este luns pola tarde cando a deputada no Congreso desvele en Santiago se se enfrontará a Gómez Reino.

Precisamente, o principal temor entre as mareas municipalistas e En Marea é que se traslade a Galicia ese enfrontamento que xa e viviu entre Bescansa e Iglesias na dirección de Podemos. “O problema é que non só lles vai a afectar a eles, senón tamén ao resto”, indican as fontes consultadas que cren que “terá incidencia, e moita”, na configuración de listas electorais.

PROBLEMAS NAS MAREAS

Bescansa, como a propia Carmen Santos, non é partidaria dunha liña “nacionalista” ou “municipalista” na que Podemos estea disgregada, senón que apostan por visibilizar a marca Podemos e, mesmo, presentar listas propias en lugares onde haxa xa mareas consolidadas. Isto choca coa postura que Antón Gómez-Reino, ou o propio Pablo Iglesias, teñen de manter a alianza onde xa se goberna –A Coruña, Compostela e Ferrol-- e afianzar lazos con outros grupos como EU ou Anova dentro de En Marea.

O propio Tone avisaba nun tuit: “O desafío é cambiar, transformar Galicia. Para iso necesitamos un Podemos Galicia unido, aberto á sociedade, plural. Necesitamos #TecerGalicia...”. Unha clara advetencia á posibilidade que haxa divisións. Polo momento, Carmen Santos evitou polemizar nas redes á espera da decisión de Bescansa.

REACCIÓNS

Tamén durante a mañá deste luns houbo distintas reaccións da dirección de Podemos contrarias a que Bescansa poida liderar unha candidatura en Galicia. Así Echenique lembrou que a politóloga era deputada en Madrid, mentres que o seu futuro rival --no caso de que se presente--, Gómez Reino foi aínda máis duro e dixo que non pode ser que veña a Galicia como "plan B".Pola súa parte, o líder de En Marea, Luís Villares, quixo manterse, polo momento, "neutral" neste proceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 xacobe

Estes sempre pensando nos de abaixo...

3 Sachador de cidade

Que duro é o principio do fin...

1 comunista independentista

E o final do fin, como o levades no Bloque?

2 Gamela

Ao mellor Bescansa (a Susana Díaz en Galicia) pode poñer en claro o lío Unidos-Podemos que rematou en Galapagar ! Despois de todo en Galicia o silencio de Podemos fixo MEDRAR a EU (Eva Solla - Rubén Pérez) Non vexo que Bescansa teña moitos amigos no PCE/PCG pero non creo que Bescansa teña por inimo a Beiras !!! Así que unha candidatura exitosa de Carolina podería resultar máis beneficiosa para as Mareas Municipalistas que Gobernan as Tres Cidades Galegas ! (pero deixaría colgados aos amigos da viaxe: EU - Cerna - Villares!) Todo dependerá das decisións do Polit Bureau de Galapagar !!!

1 M. Vila

Demagogo, sabes que Galapagar xa decidiu polo Toné, e que nunca apoiará a unha felona. Os alcaldiños, que aspiran a ser varóns, tamén decidiron. Polo mesmo! Tamén sabes que a Bescansa é a candidata da indixencia política. Certo que, nas dúas bandas, hai oportunistas! O teu odio a determinadas persoas é crónico, mais os intentos de espallalo son puerís... Estamos vacinados, deixa de enredar con consignas de parvulario para contaxiarnos!

2 Gamela

Se Galapagar xa tomou a súa decisión a favor de Tone, terei que estar a favor de Bescansa por coherencia política (aínda que perdamos coma sempre!) https://i.gal/gamela15

3 Fran Correa

Natural Gamela! Ti es así de centralista, grande defensor do españolismo cañí! Por iso apostas pola Bescansa, para purgar Podemos, para dividir a confluencia con nacionalistas galegos e coa esquerda plural. O que non te coñeza que te compre!

4 Gamela

Home para "centralistas" ben chegan os que tí chamas "esquerda plural" (?) Pero seica agora toca o federalismo asimétrico (Tone entre Italia e Galicia pode esgotar as dietas que lle pagan en Madrid!) // Mentras Bescansa pode explotar políticamente as "contradiccións" de Galapagar! ¿Vai haber máis unidade nacional en Galicia porque goberne Pablo Iglesias e Garzón? Ese é o teu "centralismo orgánico" ?

1 Fiolo

Galicia sigue dando muestras de que todo sigue igual. Aquí la política es cuestión de familias pudientes. Ahora tocan los Bescansa