Un ano despois da vaga de lumes de 2017: a Xunta reivindica ter traballado "de forma inmediata" despois dos lumes

Medio Rural reivindica o labor feito para a recuperación dos espazos danados polo lume. O portavoz de En Marea, Luis Villares, denuncia "o abandono, incompetencia e a manipulaicón de Feijóo". A Asociación Forestal de Galicia alerta do serio risco de ‘selvatización’ dos montes queimados. Escolares de Gondomar presentan un vídeo da traxedia. Un estudo apunta que os galegos prefiren as especies autóctonas que o eucalipto.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/10/2018 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

19:45 A consellería de Medio Rural reacciona contra as críticas lembrou nunha nota  apunta á aprobación dun convenio "dotado con máis de 23 millóns" entre axudas e accións directas desenvolvidas polas distintas consellerías.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

15:35 Luis Villares visitou o concello de Mondariz que sufriu un incendio con 130 hectáreas afectadas. Desde alí denunciou que non é "un problema forestal, é un problema de todo o territorio"

14.40. O BNG lamenta que o PP "non tomase nota" da vaga de incendios de 2017 e manteña "a mesma política forestal". Critica que aposte polo eucalipto e por manter "unha política forestal hipotecada aos intereses de Ence e de Finsa".

14.25. A Asociación Forestal de Galicia pide un plan público de restauración dos montes e di que parte dos traballos de corta e saca da madeira queimada están aínda sen acometer.

14.15. Así lembran os nenos de Gondomar os lumes do 2017: "Á miña avoa case lle arde a casa".

Voluntarios en Vigo para extinguir os lumes na Avenida de Europa que leva a Samil, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo para extinguir os lumes na Avenida de Europa que leva a Samil, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

14.00. Un estudo da Universidade de Vigo afirma que a maioría dos cidadáns consideran que a Administración Pública non está a facer o suficiente para loitar contra os incendios e que se valora máis a conservación de especies autóctonas que as explotacións de piñeiros e eucaliptos.

13.00. O Goberno galego destaca que os cazadores xogan un papel “imprescindible” na prevención dos lumes e di que tras a vaga de incendios de hai un ano a xente está “máis concienciada”.

12.15. Axentes medioambientais e forestais acusan a Jesús Calleja de "manipular" a traxedia dos incendios en Galicia. 

Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta