O túnel da Cañiza puido ser unha "trampa mortal" nos incendios do 2017
Tódalas mortes por incendios en estrada e camiños desde 2006 en Galicia e en Portugal foron en zonas nas que había piñeiro e eucalipto. E o túnel da Cañiza, nas Rías Baixas, puido terse convertido nun inferno. Tamén outras estradas de Cotobade ou Fornelos do Monte. Desafortunadamente a de Chandebrito, en Gondomar, si resultou mortal.