Polo menos catro feridos nun choque en cadea na A-8 en Abadín (Lugo)

Na Coruña, outras catro persoas resultaron feridas tras chocar dous turismos .

Por E.P. | LUGO | 29/10/2018 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Unha colisión en cadea rexistrada a última hora deste domingo no municipio lucense de Abadín saldouse con polo menos catro persoas feridas.

Autovía A-8 con néboa e mal tempo, Lugo, Mondoñedo. EUROPA PRESS - Arquivo
Autovía A-8 con néboa e mal tempo, Lugo, Mondoñedo. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 18,00 horas do domingo no quilómetro 550 da A-8, ao seu paso por Abadín.

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061, que atendeu aos feridos.

CATRO FERIDOS EN A CORUÑA

Por outra banda, na Coruña, outras catro persoas resultaron feridas tras chocar dous turismos que circulaban pola estrada que une Eirís e Os Castros, en dirección ao porto.

O CIAE 112 tivo constancia do accidente ás 20,30 horas e, a partir de aí, informou os Bombeiros da cidade e solicitou a colaboración de Policía Local e Protección Civil.

Do mesmo xeito, os servizos de emerxencias interviñeron nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Agolada, onde resultou ferido un home.

O suceso ocorreu pasada a medianoite no lugar de Ventosa, onde un vehículo se saíu da vía e chocou contra unha casa. O condutor ferido tivo que ser liberado polos Bombeiros, dado que quedara atrapado no turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta