Os alcaldes das mareas, Villares e Baltar plantaron a Santiago Rey na festa de La Voz

Estiveron os principais dirixentes da Xunta e líderes e alcaldes do PP, tamén do PSdeG, ademais de destacadas personalidades da economía, a cultura e da sociedade. O BNG tivo unha nutrida representación con Ana Pontón, Miguel Anxo Fernández Lores e Camilo Nogueira.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/10/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Non foi a festa que agardaba, con toda a política, a economía, a cultura e a sociedade no Polígono de Sabón, na Coruña, sede de La Voz de Galicia. Santiago Rey, editor e dono indiscutible deste xornal coruñés estaba pletórico tras xuntar nunha mesma mesa ao presidente da República Portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, e ao monarca español, Felipe VI, para entregarlle ao primeiro o premio Fernández Latorre.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

Arredor destas dúas grandes personalidades de España e de Portugal estaba un variado ecosistema de políticos, empresarios e xente do mundo da cultura e da sociedade, principalmente, da Coruña. Pero, como outros anos, nas mesas dispostas en torno á mesa principal do dono da Voz e dos seus anfitrións non estiveron os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol; Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez. E tamén este ano decidiu ausentarse o líder de En Marea, Luís Villares. Foi o único dos voceiros parlamentarios que non quixeron “render pleitesía” --en palabras dun dos asistentes-- a Santiago Rey.

Tamén volveu a ausentarse o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, con que o Grupo Voz ten un enconado enfrontamento que xa ven de vello. Foi o único gran dirixente do PPdeG que evitou acudir á chamada do editor de La Voz, porque, como outros anos, en Sabón tamén se puido ver a unha nutrida representación de conselleiros da Xunta á fronte da que estaba o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que non se perdeu ningún ano esta festa.

VIGO

Tamén estaba o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o seu tío, Abel Caballero, que tras anos de enfrontamento co Grupo Voz pola súa liña editorial e informativa en Vigo, decidiu acudir. Un cambio de liña que chegou logo de que o rexedor vigués e Carmela Silva se fixeran co control da Deputación de Pontevedra. Desde entón, a relación do Grupo Voz con Vigo e co seu alcalde cambiou significativamente.

Miguel Anxo Fernández Lores con Ana Pontón nun acto de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores con Ana Pontón nun acto de Pontevedra | Fonte: Pontevedraviva.com

O que non cambiou é que este premio segue vendose entre importantes sectores da economia viguesa como un acto de reafirmación “coruñesa” e non galega. E, por iso, un ano máis, houbo grandes ausencias entre os empresarios do sur de Galicia.

NUTRIDA REPRESENTACIÓN DO BNG

Quen non faltou á cita foron os pesos pesados do BNG e, este ano, cunha gran comitiva na que estaban o ex eurodeputado Camilo Nogueira, o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a líder da formación, Ana Pontón, que non falta a esta cita desde que é a nova voceira nacional do Bloque. 

A presencia deste nutrido grupo chamou a atención dalgúns dos asistentes, sobre todo, por algunhas palabras que o editor de La Voz, Santiago Rey, dirixiu aos nacionalismos e aos independentismos e, especialmente, pola ardua defensa que fixo da monarquía española. 

“He dicho, Majestad, que le profeso toda admiración. Si desde antes de su reinado su figura representó siempre un modelo de ecuanimidad, fortaleza y compromiso, en los tiempos tan convulsos que nos ha tocado padecer esos valores se han incrementado con los de la firmeza, la valentía y el liderazgo. Es un honor y un orgullo para todos los buenos españoles mirar hacia la Zarzuela y encontrar allí el amparo de los sólidos pilares de su carácter en la defensa de la Constitución y la democracia”, dixo Rey, logo do primeiro parágrafo do seu discurso no que utilizou o galego

CRÍTICAS

Unhas palabras de defensa da monarquía que aplaudiron os líderes do BNG xusto uns días despois de que a súa organización xuvenil, Galiza Nova, queimou un boneco co rostro do monarca español. Un xesto que non pasou desapercibido tampouco para sectores do independentismo. 

Así, Agora Galiza denunciaba que a portavoz do BNG asistiu “a um evento onde se concentra a oligarquia autótona e as elites políticas que girem os seus interesses” e na que esta vez estaba o monarca español. “Deste jeito a “esquerda" nacionalista galega segue normalizando o ilegítimo regime de 78 que falsamente afirma combater.Por muita retórica "soberanista" de fim de semana, e declaraçons "ruturistas" nas datas de eventos folclóricos, o BNG segue sendo umha força acomplexada e timorata, incapaz de deixar de ser umha organizaçom funcional para o sistema capitalista e a dependência nacional da Galiza”, apuntaba nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 Incomprendido

O BNG é bon, o que pasa é que non o comprendedes. As cousas desde DENTRO vense doutro xeito. E o BNG está dentro. Fóra fai frío.

4 Gamela

A ver se van ser os alcaldes das Mareas os únicos honrados de Galicia (?) Chercher l´argent https://i.gal/VigoDenuncia

3 Gamela

Cicais Manuel Jove teña moito que ver coa reviravolta de Santiago Rey a respecto do alcalde de Vigo... O Regalo do Hotel Samil https://www.google.com/maps/d/viewe... só é o inicio, O Barrio do Cura e a nave de Cordelerías MAR son a verdadeira razón destas AMIZADES PERIGOSAS !!! A venda do Pazo de Congresos Mar de Vigo por catro perras será outra boa operación para o Grupo de Manuel Jove https://elpais.com/economia/2018/08...

2 sermos mantidos

Pontón, Lores e Camilo da Sicav, grandes patriotas españois! Que ben se aplaude ao nazionalista españolista Amo de La Voz (favores que se agradecerán), ao Preparado (garante da indisoluble unidad..., e amiguí$$$imo do árabe criminoso) e ao bailarín portugués (da dereita populacheira). Uns fenómenos a profisional Pontón do Aparato, o alcalde vitalício e o camaleón vira chaquetas. Verdade pastillita, seguro que os teus amos sentaron con Louzán e déronse apretas mútuas, son tan amigos que xa non o poden disimular máis: xuntos berraron Vivalrey!

1 Bernal Calvo Delaciga

"Quen non faltou á cita foron os pesos pesados do BNG e, este ano, cunha gran comitiva na que estaban o ex eurodeputado Camilo Nogueira, o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a líder da formación, Ana Pontón, que non falta a esta cita desde que é a nova voceira nacional do Bloque". http://www.galiciaconfidencial.com/... Roma non paga traidores, España si.