Temas: FRASEOLOXíA

“(Eu) De min a ti”, equivalente a “eu de ti”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 11/11/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Proseguindo a senda que principiamos no anterior artigo e que nos leva a esas expresións propiamente de noso que se van utilizando cada vez menos por mor de compartiren ámbitos de uso con outras expresións tamén galegas que constitúen a correspondencia exacta da equivalente castelá, imos hoxe coa locución (eu) de min a ti (así como tamén coa secuencia se é de min, que forma parte deste mesmo grupo de locucións que se están a perder e que equivale a se son eu nos contextos que aquí indicamos).

Emprendedor
Emprendedor

Yo de ti...

Yo que tú...

{= Eu, de estar no teu caso ou situación, ...}

Eu de min a ti... && (Se son) De min a ti...

Eu de ti...

Ex.: Yo de ti no lo haría, forastero.

Eu de min a ti (Se son) De min a ti Eu de ti non o faría, forasteiro.

Ex.: Tú verás lo que haces. Ahora bien, yo de ti le pediría ya las vacaciones.

Ti verás o que fas. Agora ben, eu de min a ti de min a ti eu de ti pediríalle xa as vacacións.

● Tamén:

Yo, en tu lugar,...

Eu, no canto teu,... && Eu, no teu sitio,... && Eu, no teu lugar,... && [E MESMO TAMÉN, EN BASTANTES CONTEXTOS]: Eu, na túa situación,...

Ex.: Yo, en tu lugar, no lo haría, forastero.

Eu, no canto teu Eu, no teu sitio Eu, no teu lugar, non o faría, forasteiro.

Ex.: Tú verás lo que haces. Ahora bien, yo, en tu lugar, le pediría ya las vacaciones.

Ti verás o que fas. Agora ben, eu, no canto teu eu, no teu sitio eu, no teu lugar, pediríalle xa as vacacións.

● Tamén, nesta mesma liña:

Si soy yo,... && Si fuese yo,...

Se é de min,... && Se fose de min,... && Se son eu,... && Se fose eu,... && De ser eu,...

Ex.: Tú verás lo que haces. Ahora bien, si soy yo, le pediría ya las vacaciones.

Ti verás o que fas. Agora ben, se é de min, se fose de min, pediríalle xa as vacacións.

● Tamén, asociadas a ámbitos de uso familiares e coloquiais:

Yo, en tus zapatos,...

Eu, nos teus pantalóns,... && Eu, nos teus zapatos,...

Ex.: Tú verás lo que haces. Ahora bien, yo, en tus zapatos, le pediría ya las vacaciones.

Ti verás o que fas. Agora ben, eu, nos teus pantalóns nos teus zapatos, pediríalle xa as vacacións.

NOTAS:

1. A expresión *eu ca ti (ou, inda peor, *eu que ti) constitúe un barbarismo inaceptable, e polo tanto incorrecto, en galego.

2. As locucións que aparecen tras o primeiro “Tamén” (isto é: eu, no canto teu,...; eu, no teu sitio,...; eu, no teu lugar,...; e eu, na túa situación,...) son habitualmente susceptibles de se grafaren tanto coas comas con que neste artigo as representamos coma sen elas:

Eu no canto teu Eu no teu sitio Eu no teu lugar non o faría, forasteiro.

Ti verás o que fas. Agora ben, eu no canto teu eu no teu sitio eu no teu lugar pediríalle xa as vacacións.

Igualmente, esas mesmas locucións, xunto coas que se expresan tras o último “Tamén”, poden ir precedidas por certas oracións de carácter condicional do tipo de estando, véndome, se estou ou se me vexo:

Ti verás o que fas. Agora ben, eu, estando # véndome # se estou # se me vexo no canto teu, pediríalle xa as vacacións.

Ti verás o que fas. Agora ben, eu, estando # véndome # se estou # se me vexo no teu lugar, pediríalle xa as vacacións

Agora ben, eu, estando # véndome # se estou # se me vexo nos teus pantalóns, pediríalle xa as vacacións.

3. Nótese que a voz canto está empregada no seu sentido de sitio, lugar (se cadra como extensión da acepción sinónima, recolleita no Dicionario da Real Academia Galega, de curruncho, recanto ou recuncho), tal e como recollen, entre outros lexicógrafos galegos, Francisco Javier Rodríguez, Cuveiro Piñol, Juan Manuel Pintos ou Marcial Valladares.

4. Téñase tamén en conta que estas expresións poden configurar variantes no caso de que os suxeitos en acción sexan distintos á primeira e segunda persoa gramaticais. Exs.:

Yo de Pepe vendía el negocio.

Eu de min a Pepe # De min a Pepe vendía o negocio.

Vosotros, de ellos, ¿qué haríais?

De vós a eles, ¿que fariades?

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través da internet, no enderezo seguinte:

(1): https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

(2):

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 luiz

Tu é que sabes...... ?