Os nenos alzan a súa voz no Parlamento

No VI Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia, 80 rapaces e rapazas proporán iniciativas para mellorar os dereitos dos máis cativos da comunidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/11/2018 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Co gallo da conmemoración do Día do Neno o vindeiro 20 de novembro, oitenta nenos e nenas intervirán no VI Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia na xornada de mañá, 13 de novembro.  Neste evento, impulsado por Unicef en colaboración co propio Parlamento, presentaranse propostas para mellorar o cumprimento da Convención de Dereitos dos Nenos (CDN) na nosa comunidade.

Unha sesión do Parlamento
Unha sesión do Parlamento

Myriam Garabito, presidenta do comité de Unicef Galicia, explica que é este evento é “unha oportunidade para dar especial relevancia á infancia na axenda pública, reafirmar a vixencia da Convención e poñer a mirada nos cambios precisos para que os dereitos que recolle sexan unha realidade para todos os nenos, nenas e adolescentes de Galicia”.

Precisamente, a participación infantil e adolescente é un dereito de igual rango ca o acceso á educación, á saúde ou a ter unha identidade. Así o reflicte a CDN, de xeito que insta aos Estados a promover e escoitar as opinións da rapazada sobre asuntos que lles afectan directamente. Ademais, a Convención incide na liberdade de expresión, de pensamento e de libre asociación, entre outros.

PARTICIPANTES

Os encargados de trasladar estas propostas serán os nenos e nenas dos consellos locais de Participación Infantil e Adolescente dos concellos galegos adheridos ao proxecto Ciudades Amigas de la Infancia. Así, participarán rapaces de Castrelo de Miño, Tomiño, Ourense, Teo, Moeche, O Porriño, Cabanas, Carnota e Redondela. A maiores, tamén intervirán alumnos de varios centros educativos de Santiago de Compostela (IES Xelmírez I, CPR Manuel Peleteiro, CPR La Salle e CPR Santa  Apolonia).

As súas propostas e preocupacións presentaranse en forma de manifesto previamente elaborado por todos eles. Lembrarase, así mesmo, o  Manifesto de Oviedo, produto do pasado V Encontro Nacional de Consellos de Participación, celebrado no mes de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta