Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2018 | Actualizada ás 19:55
O Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña deu a razón aos clientes na demanda colectiva presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) contra Abanca na que reclamaba a devolución do diñeiro cobrado de máis aos clientes con préstamos hipotecarios con cláusulas chan subscritos con anterioridade a maio de 2013.
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada ordena na sentenza á entidade bancaria que restitúa aos prexudicados as cantidades indebidamente abonadas en aplicación das cláusulas declaradas nulas en virtude da sentenza do Tribunal Supremo de 9 de maio de 2013.
O secretario xeral de Acouga, o avogado Xoán Antón Pérez-Lema, afirma que esta "é a decisión xudicial en dereito privado máis importante da historia de Galicia en canto a cantidade non só de adheridos, senón de potenciais afectados por ela", xa que estima que serán miles, cun impacto global de millóns de euros. Contra este fallo, que non é firme, emitido con data do 14 de novembro, cabe presentar recurso de apelación nun prazo de 20 días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.