Por gcaberto | GC ABERTO | 29/11/2018
O III Festival Punkis De Aldea, "Tendendo Pontes" terá lugar o vindeiro día 8 de decembro en Sarria (Lugo) nas instalacións do Buril De Sarria.
A troula comeza ás 13:03, e durará ata entrada a noite.
Os grupos son: O Sudor Do Tractorista (Sarria), Lamprea Explosiva (Vigo), Os Rosmóns (Vigo), Bakarrá (Vigo), Rabuda (Vigo), Arremecahoná Monobanda (Matamá), Indar Galega (Vigo), Contenedor De Mierda (Vigo), Bastardos De Rivera (Vimianzo), Lenincat (Compostela), Sartenazo Cerebral (Asturias) Sin Emu (Asturias), Menestra De Defensa (Guadalajara)
Haberá servizo de pulpería pola prestixiosa pulpeira María Valiña dende as 13:00 horas.
O custo da entrade é de 6 € pra todo o día.
Hai a posibilidade dun paquete durmida, Albergue + entrada 15 €
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.