En Marea, dous modelos enfrontados que entraron de cheo na guerra psicolóxica

O sector de Podemos, Eu e Anova presume do espectacular crecemento do censo que xogaría ao seu favor e incide na “pluralidade” do seu modelo. O de Villares e as mareas municipalistas destaca a importancia de poñer o aceno no aspecto ideolóxico e nas esencias de En Marea, que se fundou sen a tutelaxe dos partidos políticos e cun perfil marcadamente galego.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/11/2018 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O enfrontamento dentro de En Marea é total. A medida que se aproxima a fin de semana e e as votacións que decidirán a futura dirección deste espazo alternativo, crecen as disputas e tamén a intensidade no debate. O sector de Podemos, Eu e Anova e o de Villares e as mareas municipalistas tentan aproveitar ao seu favor as súas fortalezas e atacar ao rivais coas súas debilidades. E neste tirapuxa os dous bloques están entrando nunha loita psicolóxica.

Luis Villares e Pablo Iglesias
Luis Villares e Pablo Iglesias

A candidatura que encabeza o ex deputado David Bruzos e que está apoiada po Podemos, EU e Anova, ademais de polas grandes mareas da Coruña, Ferrol, Compostela e Ourense, insiste en suliñar a riqueza que supón que este proceso esté pivotado, precisamente, por sectores que foron e son, din, “os motores do cambio” en Galicia. Motores que alonxan de partidismos e que, aseguran, deixan as siglas de lado para apostar por unha mestizaxe de “activos e capitais políticos” que din, é o que lle dá valor a En Marea.

"El (Bruzos) quere construír mandando unha mensaxe de que aquí non sobra ninguén”, dicía este xoves Martiño Noriega para facer fincapé en que a súa lista, Entre Todas, xa está a xestionar o día despois do proceso. Ademais, reivindicaba que esta candidatura non pon sobre a mesa "un debate nominal, nin está a pór en cuestión liderados tan marcados como o que poida ter Luís (Villares)", suliñaba.

E, precisamente, o que a lista de Bruzos defende como “mestizaxe” é o que utiliza o sector de Villares para atacala. De feito, a mensaxe utilizada desde o minuto 0 pola candidatura ‘Coidar a casa’ denuncia un pacto de "cúpulas" dos partidos que estaría a “traizoar” a configuración do partido instrumental como espazo de adscrición individual. Un argumento que utilizan unha e outra vez tendo en conta que, precisamente, cando naceu en Marea era a condición de que non fora un espazo partidista nin de “reparto de cromos”.

David Bruzos lidera a candidatura ao  Consello das Mareas 'Entre todas'
David Bruzos lidera a candidatura ao Consello das Mareas 'Entre todas'

UN REPARTO DE PASTEL?

O grupo de Villares, apoiado polo sector máis nacionalista do espazo e tamén pola gran maioría das mareas municipalistas, critica que Podemos, EU e Anova queiran, agora, “repartirse o pastel” de En Marea e facer del un “pequeno reino de Taifas”. E, como exemplo, poñen o que aconteceu na configuración da lista de Bruzos que non se pechou ata o último minuto, precisamente, porque cada partido e cada sector loitaba para “colocar aos seus”. E temen que se gañan, volva a pasar o mesmo, e tenten repartir En Marea en pedazos, “o cacho máis grande para Podemos e as migallas para o resto”.

Esa diferente concepción do espazo e o longo enfrontamento que manteñen distintos dirixentes dos dous grupos está provocando que a campaña sexa máis revirada e tensa que nunca, con insultos cruzados. Noriega lamentaba este xoves que Villares utilice  "dinámicas de vella política" en campaña e o alcalde de Ferrol pedíalle que "deixe de dar voltas no lodo" por dar a coñecer o que era un segredo a voces no Grupo Parlamentario de En Marea, que a Podemos e a EU, ata agora, non lle interesaba tributar nin dar parte do seu salario a este espazo.

XOGO DE CIFRAS

E nesta guerra psicolóxica, o sector de Podemos, Eu e Anova está empregando un dato que din, é demoledor, para o sector de Villares; o aumento no censo de inscritos. Aseguran que nos últimos días foron 1.500 as persoas que se apuntaron para participar nas votacións. Uns inscritos, din, que son maioritariamente partidarios da súa lista e que se apuntaron, aseguran, logo da chamada que fixo o novo líder de Podemos, Antón Gómez-Reino, a participar do proceso.

E nestas contas da avoa mesmo se aventuran a dar un resultado; un 65% para eles e un 35% para Villares. Obviamente, estes resultados son ben diferentes se quen os analiza é a lista “Coidar a casa”. Cren que moitos dos que se apuntaron se decantarán por Villares porque din que, aínda que moitos proceden de Podemos, algúns son críticos coa lista de Gómez-Reino tras os duros enfrontamentos que tiveron lugar nas primarias de varios concellos galegos.

Pero tamén niso sacan peito os de “Entre Todas”. Se Carmen Santos, rival de “Tone” –líder de Podemos en Galicia—se sumou ao seu carro, “ese argumento cae polo seu propio peso”. “Simplemente se constituíu unha lista para mellorar a pluralidade de En Marea, polo que me sitúo a favor da candidatura que apoia a dirección –de Podemos—“, dixo para explicar a súa postura a ex líder deste partido.

Desde a lista de Villares son contundentes. “Son ben coñecidos os seus cambios de chaqueta. Habería que preguntarlle a Carolina Bescansa ou Íñigo Errejón que opina deste novo cambio de opinión”, apuntan desde esta lista.

DOUS MODELOS

Con todo, serán os inscritos  --sempre e cando non se produzan escándalos como os do censo da pasada asamblea con xente que voto sen estar inscrita—os que decidan o futuro de En Marea. Un futuro que pasa por un modelo como o de Compromís, con capacidade de decisión propia para Galicia, que é o que quere o sector de Villares, ou un modelo como o de Adelante Andalucía, que está pivotado por Podemos e Izquierda Unida cunha visión máis estatalista do proceso..

Luís Villares Presenta A súa Candidatura Ao Consello De En Marea
Luís Villares Presenta A súa Candidatura Ao Consello De En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 Per

Mentras non perdan votos seguiran unidos , se os perden vira a desfeita, tdo depende diso en todas as formacions.

6 Fer

E a escolla vai ter efectos secundarios. Non se decatan Martiño Noriega e Ferreiro que están acabando coas posibilidades de En Marea, que venden aos galegos, e que tamén aquí se xogan os gobernos de cambio nas súas propias cidades e que están matando calquera posibilidade de alternativa nas outras vilas? Non ollan que os non inscritos somos os que votamos ou nos abstemos, os que de verdade decidimos e xa estamos fartos de tanta intervención descarada dos partidos madrileños en En Marea para colocar os seus inútiles peóns? Imos permitir que a irresponsabilidade dos alcaldiños, o infantilismo e o negocio descarado dos partidos con sede en Madrid acabe con En Marea como ferramenta de cambio?

1 Xachedigo

Pois parece que non se decatan, non. Eu penso q é unha maniobra de Podemos ( e EU) pra rematar con En Marea, e liderar a alternativa en solitario, con Toné, non co secundario Bruzos. Pero, os tempos cambian a velocidade de vértigo, e os orfos dun nacionalismo mais pragmático claman polos seus representantes.

5 Fer

Comparar para escoller. Por un lado temos a Villares, capacitado e loitador polas causas nobres, recoñecido (dentro e fóra da política), auténtico líder da oposición, que levou a En Marea a superar ao PSOE e o BNG. Pola outra banda está Bruzos, un ninguén, agardando que o chamen de fóra para decirlle que facer, un ocupa tutelado desde a distancia, que será superado polo PSOE e BNG, e ridiculizado por Feixoo. A escolla non é unha brincadeira: liderar a alternativa de cambio ou desaparecer?

1 comunista independentista

Villares capacitado? loitador polas causas nobres? recoñecido dentro e fóra da política? auténtico líder da oposición? XDDDDDDDDDD Estamos a falar do mesmo Villares? XDDDDDD Hai que recoñecer que tes retranca...

2 Carmen Lastra

Bruzos é, con moito, superior en educación, capacidades soberbias, esforzo patente, comprommiso social, elegancia sen par, imaxe rupturista, carisma visible, liderato manifesto, modais refinados, amizades solventes... Feixoó está tremendo!

3 twuj

Se lle facemos caso a xente coma Fer, Villares mide dous metros, ten unha longa melena loira e está a piques de atopar a cura do cancro. Évos o que te teñen estes trolls do BNG, tiveron que insultar durante anos a Villares, Alexandra, Lidia... e agora que os teñen que elevar aos altares, pásanse de rosca. Agora a cosigna é atacar a Bruzos, Oriana, Tone...

4 Gamela

algunhas mareas municipalistas merecen unha patada no cú... i.gal/gamela19

3 galinauta

Entre "todas"? Con "jilipolleces" como esa non os voto nin farto de viño.