Os reintegracionistas ábrenlle a porta ao binormativismo

A Agal (Associaçom Galega da Lingua) aprobou na súa última asemblea unha modificación da política lingüística: apostan pola convivencia do modelo reintegracionista coa actual normativa oficial do galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

"É possível, e até benéfico, o convívio de dous modelos gráficos para o galego, um mais local (identificado com a atual normativa oficial do galego) e outro internacional (identificado com a proposta reintegracionista)". Así explica a Agal (Asocciaçom Galega da Lingua) o seu cambio de estratexia lingüística, aprobada na asemblea celebrada esta fin de semana na cidade de Pontevedra. Agal aposta, entón, polo binormativismo.

Asistentes á asemblea da Agal
Asistentes á asemblea da Agal | Fonte: Agal

Este troco levouse a cabo cunha maioría conformada por 25 votos a favor e catro abstencións, logo de que o texto presentado polo Consello de Agal fose emendado polos socios e socias. Este documento recolle a idea de que "seria possível umha política linguística destinada a aproveitar em favor do idioma as diferentes posturas que existem" e entende que "nengumha delas vai desaparecer e que todas podem ter vantagens". 

Eduardo Maragoto, presidente do colectivo, explicou que deste xeito a asociación procura apostar pola tolerancia lingüística e por xuntar forzas a prol do galego, nun momento de "crise da transmissom geracional".

Unha vez aprobada esta proposta, trasladaráselle a outros colectivos e institucións --sobre todo aos contrarios ao reintegracionismo-- co obxectivo de barallar alternativas e posibles mellorías do proxecto. A Agal busca "ampliar o público alvo, de maneira a mais pessoas se atreverem a opinar sobre o interesse da convergência com o português, sem pontos de partida ou de chegada categóricos". Asemade, pretenden seguir facendo máis visible a corrente do reintegracionismo

EN QUE CONSISTE O BINORMATIVISMO?

O binormativismo baséase na igualdade legal de dous modelos gráficos para a mesma lingua. Neste caso, sería un modelo máis local e outro "compartilhado com un ou vários estados vizinhos". 

A Agal pon de exemplo a Noruega e Luxemburgo, dous países onde isto xa está a funcionar. No primeiro caso, por exemplo, conviven dúas normas consideradas formas da mesma lingua norueguesa. Trátase da bokmål, mais próxima á língua dinamarquesa e a nynorsk, elaborada a partir dos dialectos occidentais do país. "Todos os cidadãos têm de conhecê-las de forma passiva, mas cada pessoa e cada Administraçom pode usar a que entender", resaltan dende a Agal. Xustamente iso é o que defenden eles no caso galego: que tanto o modelo reintegracionista como o que se axusta á actual normativa sexan difundidos, para que logo cadaquén escolla cal empregar.

Coidan que, de aplicar o binormativismo, Galicia "fomentaria a colaboraçom das posturas autonomista e reintegracionista, salientando o que ambas podem ter de benéfico para o galego". Ademais, cren que este novo panorama mellorará as relacións futuras con Portugal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Catro gatos

No século XXI ideas supremacistas coma o lusismo, non teñen cabida. Son producto de Tempos pasados, cando había idiomas imperiais e pobos sometidos. Linguas en A e en B.

1 Sentidiño

Qué lle pasa á xente en 2018 co supremacismo? A palabra non se usa desde Atlanta, "a Fuga de Alcatraz", ou "Ragtime",... E agora val pra todo! Misturala no debate da normativa é simplemente unha parvada.

3 anonimo

O reintegracionismo non ten base social amplia en Galicia: é mais, provoca rechazo en moita xente. O uso da ortografía portuguesa non é unha alternativa de nada, nen sirve para salvar o galego, nen nada de nada. Os reintegracionistas seguen a ser uhna secta sen calado na sociedade, e atópanse con que o galego e o portugués son idiomas diferentes, por moito que tenten negalo. Pretender vender que a salvación do galego é o reintegracionismo é falso e inxenuo. Os galegos nen somos portugueses nen falamos portugués.

1 anonimo

O uso da ortografía castellana é a alternativa axeitada, serve para salvar o galego, pode certificarse polos resultados. Está á vista o ben que nos vai. É claro, todo o mundo o sabe, a ideoloxía política non ten nada que ver, nada de nada, igualiño que no caso do valenciano e o catalán, dous idiomas totalmente diferentes. E os que din que é catalán son, curiosamente, os que apostan de verdade polo uso do idioma propio... Ou era ao revés, que xa me liei? É que a paixón pola norma castellana confúndeme! Mesmo faime repetir "nen" con frecuencia, que todo o mundo sabe que é portugués non recoñecido polo ILG-RAG, e así disimulo o supremacismo bueno: o do castellano, o natural, por suposto!

2 uq2D

O reintegracionismo é unha mentira, o galego nunca se escribiu así, nin nunca foi portugués.

1 uq2E

O gallego é unha mentira, o gallego nunca se escribio, siempre foi castellano.

1 uu1

Boa nova, a nossa língua está desaparecendo. Agora ata as estatísticas oficias reflexam uma perda de falantes ata o ponto de que nos menores de vinte anos não chegam ao 25%. E dentro de pouco, o nosso idioma estará fora da escola e dos ambientes públicos. Salvemos a nossa língua, FALEMOS GALEGO.