E non hai tal. Vox medra día a día no Estado (agardemos que non na Galicia) por mor da asunción por parte do tripartito do 155 (PP, Cs e PSOE) da súa axenda…inmigración, eurofobia, galegofobia/vascofobia/catalanofobia, racismo, machismo e homofobia. O que cómpre é non perder votos (PP e Cs ) ou representación (PSOE).
A esquerda española, cando non apoiou o golpe inconstitucional do 155 (PSOE) asumiu (Unidos Podemos-En Comù Podem) unha perspectiva equidistante que lle valeu ao Estado para posibilitar na práctica o golpe, ben difícil doutro xeito.
A culpa do extremismo españolista non é, de certo, a reivindicación catalá (ou vasca ou galega) do seu dereito a decidir. Nin tampouco a reivindicación LGTB, feminista ou ecoloxista. Non. As forzas da dereita española e máis da esquerda española do silencio teñen normalizado este terríbel ideario e axenda de Vox, moi nomeadamente por non querer enfrontar a substancialidade demcorática alicerzada na forma de Estado republicana ou no dereito das nacións do Estado español a gobernarmos a nosa vidiña-.
A arrincadeira.- Segue a “vaga de fam” dos presos políticos cataláns
Primeiro Turull e Sánchez, despois Forn e Rull , van aló moitos días dende que estes presos políticos denuncian o adiamento na resolución de cadanseus recursos perante o Tribunal Constitucional (TC) español, contra cadansúas interlocutorias de prisión preventiva. Estes recursos de amparo perante o TC , sen resolver algúns dende hai máis dun ano, impiden que estes presos políticos cataláns recorran perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo.
Os presos políticos cataláns amosan diante da Europa toda a incapacidade do Reino de España de Felipe de Borbón e Grecia para asumir os valores de democracia, liberdade e plurinacionalidade.
Nin é xusto nin é propio dunha democracia europea.