A dirección de Anova carga contra a dirección de En Marea por “bloquear” a votación

Antón Sánchez di que “non está xustificado” que non se vote esta fin de semana e Martiño Noriega critica a "pouca querenza" polas mareas locais. Tamén Alexandra Fernández pide que se vote para logo "confrontar as distintas diferenzas que existen no espazo".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2018 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Os máximos dirixentes de Anova, entre eles, o deputado de En Marea e portavoz nacional, Antón Sánchez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, criticaron este venres a decisión da dirección de En Marea de non convocar canto antes as votacións das primarias adiadas.

Antón Sánchez
Antón Sánchez

Sánchez lamentou que a dirección do partido manteña "bloqueadas" as primarias para renovar os seus órganos de maneira "misteriosa", xa que entende que "non está xustificado" que as votacións sigan no aire porque, ao seu xuízo, "xa se dan as "condicións" para reiniciar un proceso que se atopa suspendido desde o 1 de decembro.

A última hora do pasado xoves, a coordinadora de En Marea anunciou a convocatoria do Consello dás Mareas, máximo órgano político da organización, para abordar o vindeiro sábado "unha serie de solucións técnicas" orientadas a "incrementar as garantías" nas votacións e "cumprir" os "requisitos apuntados no seu día pola Comisión de ética e garantías", que motivaron a suspensión dos comicios o pasado 1 de decembro.

Por contra, o Comité Electoral, que segundo o regulamento das primarias é quen ten potestade para dirixir o proceso de primarias, afirma que se dan as condicións para retomar unhas votacións que, a pesar de que se barallou que poderían reiniciarse este fin de semana, seguen en suspenso e sen data.

“POUCA QUERENCIA”

Por outra banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, lamentou a "pouca querenza dos responsables do espazo" no ámbito autonómico polas mareas locais. Así, engadiu que non ten "ningunha expectativa positiva" en relación ás decisións que poidan saír do mesmo, xa que ve á dirección instalada "nos últimos días" “nunha dinámica antitética" á "procura dunha solución lóxica de horizonte de votación, de participación e de corresponsabilidade das partes".

Acerca de se confía en que as primarias de En Marea poidan aínda celebrarse este ano, respondeu que é o que ditaría "a lóxica" desde "hai tempo". "Se paralizas un proceso de votación alertando dunha 'fraude electoral' que despois queda demostrado que non existe, a lóxica sería votar e elixir (á nova) dirección", proclamou.

"A min só quédame lamentar a situación pouco edificante (de En Marea) e tamén a pouca querenza que os responsables do espazo a nivel galego teñen polas mareas locais, os espazos de traballo, de corresponsabilidade e de transformación", esgrimiu.

ATOPAR “SOLUCIÓNS”

Pola súa banda, tamén este venres, a deputada nas Cortes Alexandra Fernández sinalou que a situación que atravesa En Marea "non é do agrado de ninguén" e que, para atopar unha "solución", débese "poder votar canto antes".

Para a militante de Anova, que participou en actos de campaña da candidatura que encabeza o actual portavoz, Luís Villares; ten que revogarse o proceso para "que os inscritos poidan decidir" e "o debate centrarse nas posibles diferenzas que poida haber, que son naturais".

Neste sentido, cre que existe "unha distorsión" baseada en "cuestións técnicas que non son do interese do conxunto da militancia, que está máis preocupada en saber os proxectos que se confrontan, cales son as diferenzas deses proxectos". "Ese debe ser o centro do debate", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 Loisc

A culpa é da UPG! Hahahaha Por certo, os cinco que entraron nos datos da Marea son de IU... Cada vez comprendo máis que o Bloque (a pesar de Vence, Aymerich, etc) non quixese entrar nesa casa de t.los. Nas próximas volto a votar ao BNG, desta volta sen pinzas no nariz

1 Bloqueiro bloqueado

Os covardes sempre volvedes á casa petrucial a que vos manteñan. Ides sacar uns inútiles 30.000 como moito, dividir o voto da esquerda e favorecer unha maioría PP-CS-Vox. Non perdas a pinza de vista, que vas ter que levala todo o día. Ou non?

8 twuj

Menos mal que está Anova para aportar un mínimo de cordura. Anova leva dende que naceu situándose no lugar correcto, facendo as análises e lecturas axeitadas, daí que concentre tantos odios entre os partidos do rexime PP-PSOE-BNG e os seus medios de “comunicación” afíns. A chegada de Villares e Cerna á dirección de En Marea (pola porta de atrás, por certo) é o que nos leva a esta situación de liquidacionismo, caos, golpismo e leas cainitas. A única saída para salvar En Marea e o espazo de unidade popular é que a dirección a tomen os independentistas de Anova, os seus aliados federalistas de Podemos-EU e as mareas municipalistas: CA, FeC, MA... O contrario (o cerna-villarismo) xa se está a ver que é o caos, o suicidio e Feijóo 10 anos máis na Xunta.

1 Sal lake city

Xa non ten salvación. Sería como resucitar un morto. Algo imposible, ilóxico...

7 comunista independentista

Observen, observen. Villaristas e bloqueados facendo os mesmos "comentarios", evidenciando as mesmas fobias, empregando as mesmas posverdades, ostentando os mesmos medos... Ben orquestrados. Velaí a nova confluencia, a que queren PP e La Voz.

6 Recuncando

Veñen os Reis, o Papa NOel e o Apalpador... e con todo o que está a pasar, imos agasallar ao PP con tres alcaldías. Inconscientes todxs. Non me chamar para outra.

5 sermos mantidos

O ouro de Moscú do PcE ou o de Madrid de Podemos (figurado ou --se cadra-- moi real) compra vontades galegas. Véndense barato. Acabaron con En Marea e coas alcaldías de Compostela, da Coruña e Ferrol, a cambio dunhas moedas. Todo pola Pasta!

1 lóstrego

A colonia, como banco de probas. Despóis do fracaso de AGE e o experimento da marea, qué nos queda?