O Supremo fixa en máis de 1.500 millóns as indemnizacións definitivas polo Prestige

Serán repartidos entre o Estado español, o francés, a Xunta e outros 269 afectados.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 20/12/2018 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A Sala Segunda do Tribunal Supremo dictou a sentenza definitiva sobre a responsabilidade civil derivada da catástrofe do Prestige, que fixa indemnizacións por importe superior aos 1.500 millóns de euros a repartir entre o Estado español --como principal prexudicado--, o francés, a Xunta de Galicia e outros 269 afectados pola vertedura, entre particulares, empresas, mancomunidades, concellos e sociedades.

Unha marea de voluntarios limpa as rochas contaminadas polo chapapote do 'Prestige'
Unha marea de voluntarios limpa as rochas contaminadas polo chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

O alto tribunal estimou os recursos da Fiscalía, a Avogacía do Estado, o Estado francés e, parcialmente, o do Fondo Internacional de Indemnización de Danos debidos a Contaminación por Hidrocarburos (FIDAC) contra o auto de responsabilidade civil ditado o 15 de novembro de 2017 pola Audiencia Provincial da Coruña, en execución da sentenza penal definitiva sobre o caso ditada polo Supremo en xaneiro de 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta