Villares imponse nas primarias de En Marea e os críticos ameazan con accións legais

A lista 'Coidando a Casa' obtivo 1.596 sufraxios, mentres 'Entre Todas' quedou en 1.098. O sector liderado por Bruzos esixe unha auditoría e non descarta tomar medidas legais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2018 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A candidatura 'Coidando a Casa' liderada por Luís Villares venceu nas primarias de En Marea ao lograr case o 60% dos votos polo 40% obtido pola lista do sector crítico, 'Entre Todas', encabezada por David Bruzos.

O portavoz de En Marea, Luís Villares.
O portavoz de En Marea, Luís Villares.

Os resultados provisionais consultados reflicten que a lista de Villares obtivo 1.596 sufraxios, mentres 'Entre Todas' quedou en 1.098.

O gañador agradeceu o apoio maioritario recibido dos que votaron, nada máis coñecerse i resultado. "Moitísimas grazas a todas as que sumastes participando nas eleccións de En Marea. A nosa tarea segue sendo conseguir un cambio para as galegas e galegos e nese traballo para transformar Galicia non sobra ninguén", dixo nun xesto para achegar posturas co outro sector.

Os críticos —entre os que se atopan Anova, Podemos, Esquerda Unida e os alcaldes de Compostela e A Coruña— quedan así cuestionados ante estes resultados, que non sentaron nada ben na candidatura 'Entre Todas'.

Como era de prever, iníciase unha nova batalla na guerra que manteñen ambos os bandos. Os críticos denuncian "indicios claros de falta de imparcialidade", xa que, din, "o reconto dos votos fíxose sen presenza dos interventores de 'Entre Todas' e as votacións non están auditadas e rexistráronse numerosos incidencias que impediron o voto de moitas inscritas".

'Entre Todas' anuncia que abrirá un "período de reflexión sobre o futuro do espazo da unidade popular", e non descarta tomar medidas legais pola "vulneración dos acordos do Plenario do 27 de outubro".

"Os resultados que acabamos de coñecer polos medios de comunicación indican que non poderemos recuperar a dirección política de En Marea para as políticas de Unidade Popular", asumen os críticos, que defenden que "por responsabilidade", participaron nunhas eleccións "absolutamente intervidas pola Coordinadora de Luís Villares que estaba en funcións, marcada por unha campaña sucia baseada en mentiras e polo boicot ao Comité Electoral saído do Plenario do 27 de outubro".

Este sector pide que o proceso electoral sexa "auditado rigorosamente por unha entidade independente" para, segundo eles, "por fin á xestión escurantista deste proceso por parte da Coordinadora en funcións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 Alpinista

Os demócratas asumen a derrota, danlle os parabéns ao gañador e póñense ao seu dispor para traballar polas ideas que nos unen. Os trepas, os aproveitados, os do aparato e negocios asimilados á política parasitaria, non aceitan os resultados se perden, boicotean asembleas e non renden contas ante as bases, insultan e procuran a ruptura cando descobrimos que son uns tramposos. Antón Santos, que como moi ben sabemos --sempre por outros medios-- consultou na semana pasada como constituir un grupo mixto no Parlamento de Galicia, agora en compañía de Martiño e Ferreiro, xa dispón da folla de ruta. E de portavoz-rupturista dos mixtos quen mellor que Paula Quinteiro! Mágoa que os alcaldiños do cambio vanse suicidar polo ben de Izquierda Unida e Podemos.

1 galinauta

Vaites! Estàd falando dos que perderon na asemblea do BNG de Amio?

5 AsiSi

Hohohoho! Cernallos sodes uns máquinas!

4 comunista dependentista

A por ellos en común coa baronía e os partidos! Escionémonos cara á unidade popular compañeiros comunistas independentistas confluíntes madrileñistas en común!!! Baixou a Marea!!!

3 Serafín

Felid Navidaz para os españolistas! Anova, Podemos, Esquerda Unida e os alcaldes de Compostela e A Coruña quedan así ridiculizados ante estes resultados. Se non gaño a partida rompemos a baralla? Fóra fai frío! E hai quen se destapou soíño, e agora non serve tirar da manta...

1 Si ti ri ho

Con frío ides quedar vós agora que van tirar e deixarvos sen a manta. Acurrucádevos ben os catro liberados viyaristas que non chegades nin ás municipais sen un novo partido "instrumental" que vai ser apoiado por todos menos vós

2 Carmen Lastra

Que partidos máis potentes, como Izquierda Unida, Podemos e ANOVA, que ENTRE TODOS non dades xuntado nin un cento de votos por riba dos 1.000!!! E aínda presumides de apoios!!! Unha proposta de nome para o instrumento: Fume de Carozo do Aparato!!!

2 Gamela

Non o cren nin eles...!!! Amañando votacións son especialistas !!!