PONTEVEDRA | 28/12/2018 | Actualizada ás 10:30 por EUROPA PRESS
Tres persoas, unha delas un bebé, tiveron que ser trasladadas ao hospital na madrugada deste venres tras sufrir un accidente de tráfico na A-55 ao seu paso por Mos (Pontevedra).
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pasada a medianoite na A-55 ao seu paso por Mos, en sentido O Porriño, cando o vehículo no que viaxaban as tres persoas se saiu da vía.
Até a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como os Bombeiros do Porriño e Protección Civil de Mos. Aínda que en principio o seu estado non revestía gravidade, os tres ocupantes foron trasladados polo 061 até o Hospital Álvaro Cunqueiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.