SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2018 | Actualizada ás 07:25 por EUROPA PRESS
O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial polo Nadal.
Así, a montaxe 'Os fabulosos cleaners', de Malasombra Producións, poderá verse o sábado 29 (19,00 horas) e o domingo 30 (12,30 horas). As entradas están á venda na web (entradas.abanca.com) e a billeteira do Salón Teatro.
Xoque Carvajal e Jouse García son 'Os fabulosos cleaners', dous operarios encargados da limpeza dun teatro, que realizarán un espectáculo con pompas e burbullas, cheo de cores e formas.
Estas dúas sesións poden acompañarse do taller 'Visto non visto', dirixido a nenos a partir de tres anos, que imparte Elea López nas dúas horas previas aos pases no Salón Teatro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.