O rugby enfronta as seleccións de Galicia e Portugal

As seleccións das categorías sub 16 e sub 18 competirán este sábado en Arcos de Valdevez.

Por Galicia Confidencial | Portugal | 05/01/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Arcos de Valdevez acolle esta fin de semena o 1º encontro de rugby entre seleccións de Portugal e Galicia. Trátase do primeiro encontro de rugby das categorías de sub 16 e sub 18 entre os dous combinados.

Un equipo galego de rugby enfróntase a outro de Portugal
Un equipo galego de rugby enfróntase a outro de Portugal | Fonte: cedida

Os encontros terán lugar no estadio municipal desta localidade do norte de Portugal, sendo que o primeiro xogo, o de sub 16 , que será disputado ás 13.00 horas e, o segundo, ás 14.30 horas en sub 18.

O organizador deste torneo, o Clube de Rugby de Arcos de Valdevez (CRAV), ten unha longa tradición no país veciño e posúe unhas das mellores infraestruturas de Portugal. De feito, este club é un dos mellor organizados e competitivos do Alto-Minho, e o obxectivo do club sénior e o de ser Campión Nacional da Campionato portugués de rugby I División.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta