Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 13:52
Un incendio que tivo lugar na mañá deste venres nunha nave de gando porcino no municipio das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), debido a un cable eléctrico, causou "danos menores" no interior da explotación e a morte de cinco porcos.
Así o relatou o 112 Galicia, que concretou que foi un cable eléctrico o que ardeu e, por mor dos efectos do lume, pereceron cinco porcos.
Os feitos ocorreron no lugar do Gallel, ao fío das 10,00 horas deste venres. O 112 Galicia tivo constancia do incendio a través do dono da explotación, tras o que requiriu a intervención dos Bombeiros do Eume, da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias.
Unha vez na nave, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Eume comprobaron que o lume xa fora sufocado polo dono da explotación e un empregado, polo que ventilaron a instalación e regresaron á súa base.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.